| Aberto o prazo de inscrición nos cursos do Formaterra 2008 |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Mércores, 24 de Setembro do 2008 | |
![]() Aromaterapia, método bengala de crecemento persoal, kundalini ioga, bhangra, e bioconstrución son as propostas formativas que compoñen o Formaterra 08. Durante os días 18 e 19 de outubro e dentro do Festival das artes pola biodiversidade Terractiva, a vila coruñesa de Arzúa acollerá esta nutrida representación de cursos cuxo prazo de inscrición remata o día 8 de outubro.
Con diferente duració, entre 7 e 16 horas, e docentes chegados de todos os recantos do Estado, o Formaterra eríxese como unha das propostas formativas máis completas e consolidadas do panorama galego en métodos e terapias alternativas, danzas ou crecemento persoal, entre outras disciplinas. Ademais, a posibilidade de gozar de actividades paralelas como charlas, obradoiros ou visitar exposicións, afondan neste espazo para a promoción da conciencia ecolóxica que é o Terractiva. O programa formativo ofrece os Fundamentos para unha práctica correcta do kundalini ioga, a cargo do mestre Ángel Sánchez, curso que terá un custe de 60 euros; a bioconstrución ocupará tamén o seu espazo noutro curso impartido pola arquitecta técnica Maren Termens Steiner sobre as posibilidades que ofrecen as pacas de herba seca á hora de poderen ser empregadas como materiais de construción dunha vivenda; Formaterra tamén ofrece a oportunidade de formarse en aromaterapia, nun curso impartido por Laura Romera cunha duración de 16 horas e un prezo de 70 euros e que descubrirá ao alumnado o mundo dos aceites esenciais e as súas propiedades; Xabela Vargas, fundadora do 'Método bengala' ofrecerá un curso de crecemento persoal cunha duración de oito horas e un custe de 50 euros; por último, para aprender a mover o corpo ao estilo da danza bhangra, o grupo Bhangra-Hey! amosará ao seu alumnado coreografías, pasos e a música máis animada chegada da India nun curso que conta cun prezo de 50 euros e 7 horas de duración. As persoas que fagan a súa inscrición antes do 30 de setembro gozarán dun 10 por cento de desconto nos cursos que realicen. Para máis información sobre o festival e sobre Formaterra, consulta a web de Terractiva. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 114 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 24 de Setembro do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















