| A xira europea "A Soia Mata" chega a Galicia |
|
|
|
| Luns, 02 de Xuño do 2008 | |
![]() A dirixente labrega paraguaia Gilda Roa estará os vindeiros días 4, 5 e 6 de xuño en Galicia, dentro da xira europea que está a facer xunto coa investigadora Nina Holland e a antropóloga An Maeyens, para informar sobre os impactos ambientais e sociais dos monocultivos de soia transxénica no Paraguai.
Os actos en Galicia están organizados pola Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (ISAP), integrada polas organizacións Amarante, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Veterinarios Sen Fronteiras. Estes son os tres actos previstos nas nosas cidades: - Mércores 4 de xuño ás 20:00 horas: Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria (Lugo) - Xoves 5 de xuño ás 19:15 horas: Ateneo Ferrolán. Rúa Magdalena 202-204, 1º (Ferrol) - Venres 6 de xuño ás 20:00 horas: CSA A Cova dos Ratos. Rúa Romil (Vigo) As charlas serán acompañadas de proxeccións de curtametraxes nas que se recolle a situación que vive o rural paraguaio. Gilda Roa fai parte da Dirección Nacional do MAP (Movimiento Agrario y Popular), organización paraguaia que traballa na defensa das comunidades labregas que moran na fronteira agrícola da soia transxénica Nina Holland é investigadora do CEO (Corporate Europe Observatory), organización con base en Amsterdam dedicada á investigación e realización de campañas sobre as ameazas á democracia, equidade, xustiza social e ambiente por parte das empresas e os seus lobbies. Un dos ámbitos de investigación de Nina Holland é o da política europea sobre agrocombustíbeis. An Maeyens é antropóloga e membro da rede A SEED Europe (Action for Solidarity, Environment, Equality and Diversity) con sede en Amsterdam. An Maeyens ten estudado a situación das poboacións labregas paraguaias. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 412 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|



























