Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 13 h, 58 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
A 'Sardiña de San Xoán' elixida como Mellor Tapa de SANTIAGO(é)TAPAS PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Xoves, 17 de Xullo do 2008
 
Sardiña de San Xoán
 
O I Concurso SANTIAGO(é)TAPAS púxose de gala para a entrega dos premios ás mellores tapas de Santiago de Compostela no 2008. O acto, celebrado onte á tarde no Hotel AC Palacio do Carme, contou coa asistencia de máis de 250 persoas, na súa maior parte relacionadas co mundo da gastronomía, a hostalería e o turismo. Deste xeito rematou o concurso, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo, que se celebrou entre o 28 de xuño e o 13 de xullo en Santiago.

O premio á Mellor Tapa foi para a Sardiña de San Xoán e consistiu en 1.000 euros e unha campaña de publicidade en medios locais valorada en máis de 1.500 euros. Yago Castrillón, cociñeiro do Acio e creador da tapa, recibiu o máximo galardón de mans do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.

O Premio do Público, dotado con 1000 euros, foi para o Solombo de Porco con cebola caramelada de Bokados Tapería, e foi entregado por Ángel Remesal, xerente de El Correo Gallego.

O premio á Tapa Creativa foi entregado por Jesús Sordo, presidente da Asociación de Hostalería de Santiago ao Madam Ragú polo seu Semáforo de verduriñas frías, mentres o premio a Tapa Tradicional foi parar ao Garum pola súa Cefalopodoespetada con alioli da súa tinta, que recibiu de mans de Roberto Crespo, vicepresidente da Praza de Abastos.
 
Berberechos con patacas panadeira e cebola

O premio especial Galicia Calidade que recoñecía o emprego de produtos galegos de calidade foi para ao Arroz de Verín do Casal do Cabildo, entregado por Xabier Ignacio Louzao, xerente de Galicia Calidade. Mentres o premio Estrella Galicia, consistente nunha viaxe a Praga, foi para os Berberechos con patacas panadeira e cebola do Mesón de Lázaro, polo seu bo maridaxe coa cervexa, entregado por Guillermo Fernández, delegado de Estrella Galicia en Santiago.

Un xurado formado por especialistas en gastronomía (xornalistas, cociñeiros, profesores de hostalería...) foi o encargado de catar as 113 tapas que 45 establecementos mantiveron en concurso durante dúas semanas, nun proceso que contou cunha quenda de selección e unha quenda final. Estes expertos decidiron os galardóns coas súas valoracións, seguindo uns criterios baseados na presentación da tapa, o servizo, e a súa elaboración e sabor, sen esquecer a relación calidade-prezo.  

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 17 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado

Piedrahita na FNAC de Coruña