Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 12 h, 7 '
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
  • *alicuecano : non son capaz hoxe , i o outro dia pasoume o mesmo
(?)
A última celebridade de Internet, a 'moza do iPhone' PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Venres, 29 de Agosto do 2008
 
iPhone Girl
 
A Moza do iPhone é unha traballadora da fábrica de Foxconn en Shenzhen que se converteu na última atracción da rede despois de que tres fotografías súas quedasen gravadas accidentalmente na memoria dun iPhone. O aparello foi vendido a un británico que, intrigado polas imaxes dunha moza oriental que aparecían no seu novo móbil , decidiu difundilas na rede para saber máis dela.

<<Non estou seguro de se isto é o normal ou non, pero acabo de recibir o meu novo iPhone a estrear, aquí no Reino Unido, e unha vez activado en iTunes descubrín que a pantalla de inicio (a pantalla que podes personalizar cunha foto), ¡¡¡¡xa tiña unha foto colocada!!!!>> escribiu o comprador na web MacRumours.com o pasado 20 de agosto.

Este sinxelo post desatou unha frenética pescuda da que axiña foi alcumada coma The iPhone Girl e  arestora xa conta con varios blogs adicados a ela, coma blog.iphonegirl.net, onde se fai un seguimento ás mencións á nova estrela que se realizan nos medios dixitais.

Liu Kun, voceiro da compañía taiwanesa Foxconn, encargada de montar os iPhones para Apple, manifestou que as fotos se tiraran no departamento de probas e dentro dun procedimento normal, e que non se publicarán detalles sobre a célebre traballadora.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Venres, 29 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

NX | Vídeo Destacado

Piedrahita na FNAC de Coruña