| A nova xira de Amaral chega a Galicia ¿vés? |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Sábado, 19 de Xullo do 2008 | |
|
As Festas do Apóstolo, en Santiago de Compostela, e as Festas da Peregrina, en Pontevedra, van contar nas súas programacións cun concerto de luxo, o do dúo maño Amaral. A xira de presentación do seu novo álbum, Gato Negro-Dragón Rojo, que arrincou o pasado 12 xuño no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza diante de máis de 9.000 persoas, desembarca o vindeiro 29 de xullo en Compostela e o 13 de agosto en Pontevedra nas súas dúas únicas citas galegas. E ti, que es Nx porque es o titular dunha tarxeta Nx chea de vantaxes, vas ter a oportunidade de estar nun deles. Toma nota: sorteamos 4 entradas (2 dobres) para o concerto de Compostela, e outras 6 entradas (3 dobres) para o concerto de Pontevedra ... Se queres ser un dos cinco afortunados ou afortunadas ¡non perdas máis tempo!
A ver ... se o que ti queres é ir de balde, convidado/a por NovaXove, ao Concerto do 29 de xullo en Santiago de Compostela, envía un correo electrónico a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
XA, é dicir, antes do vindeiro mércores 23 de xullo, co asunto 'Amaral Compostela' e os seguintes datos: nome e apelidos, últimas catro cifras da túa tarxeta Nx, un enderezo de correo postal COMPLETO (é onde vas recibir as entradas se resultas gañador/a do sorteo), un enderezo de correo electrónico e máis un teléfono de contacto (móbil, a poder ser). O concerto vaise celebrar na Praza do Obradoiro ás 23:00 hs. e sorteamos dúas entradas dobres. Pero se o que queres é ir de balde, convidado/a por NovaXove, ao Concerto do 13 de agosto en Pontevedra, tampouco te despistes; envía un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver antes do vindeiro mércores 6 de agosto co asunto 'Amaral Pontevedra' e os seguintes datos: nome e apelidos, últimas catro cifras da túa tarxeta Nx, un enderezo de correo postal COMPLETO (é onde vas recibir as entradas se resultas gañador/a do sorteo), un enderezo de correo electrónico e máis un teléfono de contacto (móbil, a poder ser). O concerto vaise celebrar na explanada do Recinto Feiral ás 22:30 hs. e sorteamos tres entradas dobres. E se non es Nx, porque aínda non tes a túa tarxeta Nx, amais de ir solucionando ese asunto, tampouco deberías deixar pasar a oportunidade de asistir a algún dos dous concertazos para gozar da música de Eva Amaral e Juan Aguirre acompañados por unha potente banda e arroupados por un ambicioso despregue de luz , son e dúas pantallas xigantes. O prezo das entradas é de 18 € (anticipada) e 22 € (no despacho de billetes o mesmo día do concerto) e podes conseguir a túa a través do servizo de venda de localidades de Caixanova: Gato Negro, Dragón Rojo publícase o 27 de maio de 2008 e é o quinto álbum de estudio de Amaral. Producido por eles mesmos e por Cameron Jenkins, e gravado en Londres e en Madrid, é tamén o primeiro álbum dobre da banda zaragozana. Gato Negro, Dragón Rojo continúa unha carreira que agora cumpre dez anos e que está inzada de excelentes cancións fixadas na memoria popular e na historia da mellor música española. A traxectoria de Amaral comeza coa publicación do seu primeiro disco homónimo en 1998, para continuar con Una pequeña parte del mundo (2000), Estrella de mar (2002) e Pájaros en la cabeza (2005). Con estes catro álbums, Amaral vendeu máis de 1.700.000 exemplares e conseguiu oito Premios da Música, un Ondas, un European MTV Award, varias nominacións aos Grammy latinos... Todo grazas a unhas cancións, a unha actitude e a un espírito que fixeron da banda un emblema da música da última década. Para decatarse do alcance popular de Amaral, abonda con dicir que Gato Negro, Dragón Rojo ve a luz cando o seu anterior álbum, Pájaros en la cabeza, leva tres anos na lista dos máis vendidos con seis discos de platino. Na gravación de Gato Negro, Dragón Rojo, un disco traballado con precisión artesá ao longo de 2007, xunto á voz de Eva Amaral (voz, guitarra, armónica, teclados, coros) e Juan Aguirre (guitarras, teclados, voz, coros), participaron músicos coma Chris Taylor (baixo), Pino Palladino (baixo), Andy Gangadeen (batería, percusión), Tony Beard (batería, percusión), Cameron Jenkins (teclados), Charles Casey (teclados), Roy Hendrickson (guitarra eléctrica), Henry Hirsch (piano, órgano Hammond) e Melvin Duffy (pedal steel guitar). E como guinda, as colaboracións especiais de Peter Buck (guitarrista de R.E.M.) e Xoel López, Iván Ferreiro e Amaro Ferreiro nalgúns coros. O primeiro single, Kamikaze é unha declaración de principios, un canto á música e á vida, interpretado con forza e sentimento por Eva Amaral e cun pulso rítmico vibrante. Trátase dun tema que resume o espírito e a esencia do disco. A este seguen Tarde de domingo rara, a crónica cotiá dunha xeración; La barrera del sonido, que é unha prolongación da anterior; Las chicas de mi barrio, unha canción emocionada, agre e doce, un canto ao amor como liberdade; Esta noche, que representa a calma logo da tempestade e que canta ao optimismo dende a soedade; Las puertas del infierno, con Xoel López (Deluxe) nos coros; Biarritz, que é melancolía e saudade; Gato negro, sobre as preguntas sen resposta; e Rock & Roll, un himno á música coma camiño irreversible. O CD-2 comeza con Perdóname, unha canción de amor incondicional e entregado, e segue con Alerta, reivindicativa e con aires de canción popular; El blues de la generación perdida, outra aposta xeracional fronte aos agoreiros e pesimistas; De carne y hueso, minimalista e enigmática; Dragón rojo, o único tema instrumental do álbum, influenciado pola música da Europa Oriental e coa guitarra coma protagonista; Es sólo una canción, que ofrece a sorpresa do debut oficial de Juan Aguirre coma cantante solista co apoio de Eva nos coros e máis nas segundas voces; El artista del alambre, unha reflexión amarga pero lúcida sobre a caída e o esquecemento; Deprisa, con Amaro Ferreiro, Iván Ferreiro e Xoel López no coro final; Doce palabras, unha canción aflixida, con guitarras de doce cordas, con ecos do folk rock californiano dos 60 e Peter Buck (de R.E.M.) coma convidado; e Concorde, puro minimalismo acústico para a historia dunha decepción. ![]() En definitiva, dezanove cancións cuxa carta de presentación, Kamikaze, xa se colocou no nº1 das máis radiadas en España, uníndose ao mellor dun repertorio incontestable que enriqueceu a música española dos últimos dez anos. Por iso a xira de presentación deste novo e agardado tesouro musical é todo un acontecemento ... e ti tes que estar ... ¡S rte! Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 622 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 13 de Agosto do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios











rte! 








