O vídeo máis visto da historia de Youtube é de Avril Lavigne PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Martes, 22 de Xullo do 2008
 
 
Girlfriend, o videoclip da cantante canadense Avril Lavigne figura arestora coma o vídeo máis visto na historia do portal Youtube con máis de 93 millóns de reproducións.  Este récord de visualizacións podería xerar uns beneficios de dous millóns de dólares para Lavigne grazas ao acordo que ten RCA Records con YouTube para compartir os ingresos publicitarios.

Sen embargo, este está sendo un tema controvertido, xa que numerosas fontes indican que os números non son reais. Parece que dende finais de xuño os fans de Avril, denominados bandaids, puxéronse de acordo para inflar as visitas ao videoclip co obxecto de chegar aos 100 millóns de visualizacións.

Youtube emitiu un comunicado no que afirma que o portal conta con sistemas que limitan a eficacia deste tipo de comportamentos para asegurar que as campañas de anunciantes que se amosan só cheguen a usuarios reais e para que non sexa posible falsear as cifras de visitas. Avril Lavigne, pola súa banda, non quixo facer ningún tipo de comentario.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 22 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >