Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 1 h, 32 '
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
  • NX_Iria : días
  • NX_Iria : buenos
  • nx.paco : bos días
  • fiosinto morgudo : non é pòr naá
  • fiosinto morgudo : eres un pouquin maleducado
  • fiosinto morgudo : xolin webmaster
  • *alicuecano : webmaster por favor estas ahi?¿?¿?
(?)
O Festival de Ortigueira xuntou a noventa mil espectadores PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Martes, 15 de Xullo do 2008
 
Festival de Ortigueira
 
O Festival de Ortigueira resistiu ao mal tempo e superou esta fin de semana os noventa mil espectadores na súa edición 30 aniversario. A fórmula música de raíz + ambiente fin de curso en plena natureza + gratuidade total non fallou, e conseguiu imporse mesmo á adversa meteoroloxía: de novo Ortigueira convertiuse durante as súas 96 horas de música no encontro multicultural por excelencia do verán galego.

No eido musical, destacaron pola súa conexión co público as propostas máis tradicionais. Bos exemplos son o éxito da “noite de foliada” que abriu o festival, con Xochilmica e a Banda das Crechas ou que miles de mozos e mozas corearan as cancións dos históricos The Dubliners o domingo de madrugada. A destacar ademais, a brillantez dos Moving Hearts, estrelas da noite do sábado e tamén o respaldo do público ao Escenario Runas, o palco de tarde destinado a promocionar aos noveis que se recuperaba para esta edición e que bateu records de asistencia.
 
Festival de Ortigueira

Entre as actividades paralelas, cabe destacar o éxito do espectáculo teatral Humor Neghro, de Carlos Blanco e Manecas Costa (máis de 200 persoas quedaron sen entrada) e tamén os obradoiros de percusión de Odaiko percusión group.

A organización traballa xa coa vista posta en 2009, a edición número 25 do certame que vén de cumprir 30 anos. A cita será o 9, 10, 11 e 12 de xullo de 2009 e xa está o primeiro grupo no cartel: Sog , gañadores por votación do público do Proxecto Runas’08. Os castelán-leoneses acadaron, de forma maioritaria, o favor do público congregado no palco de tarde do Festival.
 
Sog

O repertorio do grupo, integrado por músicos procedentes de estilos diferentes, combina composicións propias e cancións tradicionais de León, Asturias, Galicia ou Irlanda. A proposta de Sog, que ten publicados dous discos, Trisca (2005) e 0505 (2007), resultou gañadora de entre as 45 que se presentaron ao concurso de bandas non consolidadas que organiza o Festival Ortigueira. Durante a fin de semana actuaron os sete finalistas, competindo por seducir a un público que debía valorar as súas actuacións. O palco de tarde chegou a convocar a máis de 2.000 personas, superando amplamente as previsións da organización.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 15 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Música | Vídeo destacado

  Resumo da Xira Stereotipos 2008 con Iván Feereiro e Pereza