| O Festival de Ortigueira amplía as súas actividades paralelas |
|
|
|
| Escrito por Redacción | |
| Mércores, 09 de Xullo do 2008 | |
![]() O Festival de Ortigueira, que se celebra dende mañán ata o vindeiro día 13, ampliou o seu programa de actividades paralelas co gallo do seu 30 aniversario. A principal novidade é a inclusión de dous espectáculos teatrais no cartel. Así, o Teatro de Beneficencia acollerá o sábado a montaxe Humor Neghro e a obra de monicreques Cucho, Coco e o dilema do 6, a cargo da compañía A Internacional Teatro. O domingo, tamén haberá actividades como talleres de percusión africana, brasileira e corporal e outro espectáculo de teatro. O listado de actividades péchase con propostas xa clásicas como a feria de artesanía, o desfile de bandas das nacións celtas e a mostra fotográfica Intres. Podes atopar máis información sobre o Festival de Ortigueira na súa web.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 82 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 09 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























