|
Escrito por Redacción
|
|
Xoves, 20 de Novembro do 2008 |
|
O European Cybermusic Festival (EFC) é un evento de música pop cunha fórmula novedosa: os músicos europeos de diversos países e nacionalidades tocarán xuntos nun grupo pop, ademais de producir a súa música por medio de internet. O EFC está dirixido a todos os músicos profesionais e afecionados de toda Europa, que sexan maiores de 17 anos. Os participantes terán a oportunidade de buscar a outros músicos en Europa co fin de crear un conxunto. Na primeira fase, os grupos deben presentar unha canción orixinal en MP3. Os 50 mellores enviarán outros dous temas na segunda ronda. Finalmente, as 20 mellores bandas participarán nunha gran final que se celebrará en Maastricht a noite de fin de ano. Máis información na web del EFC. |
|
Última actualización ( Xoves, 20 de Novembro do 2008 )
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
Mércores, 19 de Novembro do 2008 |
|
O grupo de rap procedente de Ordes, Dios Ke Te Crew están a preparar un novo disco que sairá á venda na primaveira de 2009. Mentres, acaban de abrir a súa web, longamente agardada polos seus seguidores. A páxina semella un agasallo para os fans e o seu deseño está concebido á maneira dun libro segredo que se pode abrir en galego, castelán e inglés. Nel, pódese atopar información da banda ou descargar os temas do seu primeiro disco.
|
|
Última actualización ( Mércores, 19 de Novembro do 2008 )
|
|
|
Escrito por Redaccion
|
|
Martes, 18 de Novembro do 2008 |
|
As entradas para asistir ó concerto que darán Chick Corea & John McLaughlin Five Peace Band mañá mércores no Palacio da Ópera da Coruña estarán dispoñibles hoxe a partir das 20:00 horas na sede da cidade herculina da Fundación Pedro Barrié de la Maza. A actuación enmárcase na xira de catro concertos que ofrecerán estes artistas en España. Corenta anos depois de compartir formación xunto a Miles Davis, os camiños musicais de Chick Corea e John McLaughlin crúzanse de novo nun exclusivo proxecto común, a Five Peace Band, para o que se fixeron acompañar de músicos da talla do saxofonista Kenny Garret, do contrabaixista Christian Mcbride e do batería Vinnie Colaiuta.
|
|
Última actualización ( Martes, 18 de Novembro do 2008 )
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
Xoves, 13 de Novembro do 2008 |
|
Os grupos noveis xa teñen unha nova plataforma para promocionar e difundir os seus traballos. Trátase de Demosmusic, que ademais ofrece a posibilidade de gañar algo de diñeiro. Os artistas poden subir ata un máximo de 40 cancións, así como vídeos que os usuarios se poderán descargar de forma gratuita. Os ingresos comezaranse a facer unha vez superadas as 500 descargas. Unha sección de temas destacados, tablón de anuncios ou noticias son outros dos servicios de Demosmusic. |
|
Última actualización ( Xoves, 13 de Novembro do 2008 )
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
Martes, 11 de Novembro do 2008 |
|
A polémica está servida. Unha vez máis Amy Winehouse salta á palestra e non precisamente pola súa música, aínda que neste caso non fose a cantante quen fixera nada, senón unha galería de Nova Iork, que expón unha escultura da xove cun tiro na fronte. O autor desta creación é Marco Perego, un artista italiano que considera que "as estrelas do rock son os animais sacrificados da nosa sociedade". Baixo o nome La única estrella de rock buena es la estrella de rock muerta, a escultura mostra a Amy Winehouse tirada no chan, morta, cun tiro na mitade da fronte. Detrás, cunha escopeta, aparece o seu asasino, o escritor William S. Burroughs. O prezo desta creación é de 80.000 euros e segundo o seu autor pretende retratar á cantante como "a víctima dun xogo entre borrachos que acabou mal". |
|
Última actualización ( Martes, 11 de Novembro do 2008 )
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 129 |