I Edición dos Premios Inframundo da Música PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Xoves, 10 de Xullo do 2008
Image
 
Xa está todo listo para a celebración da  I Edición dos Premios Inframundo do Mundo da Música que terá lugar mañán no auditorio da Fundación Caixa Galicia da Coruña. Esta é unha iniciativa cultural independente creada co propósito de completar as actividades propostas por Inframundo. A través desta entrega de premios, preténdese fomentar o arte e dinamizar o panorama artístico da Coruña, recoñecer o esforzo dos autores e motivalos. As categorías premiadas nesta primeira edición serán mellor posta en escea, mellor son en directo, mellor videoclip, mellor instrumentista, mellor artista revelación, mellor canción/single, mellor banda, mellor solista, mellor álbum publicado e un Premio honorífico á traxectoria musical. Entre os grupos que optan ós galardóns atópanse The Organge Soap, Franc3s, Combo Dínamo, Grasa ou Silvia Penide.
 
Podes atopar máis información na web de Inframundo.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Xoves, 10 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >