| 'High School Musical' chega a Galicia |
|
|
|
| Escrito por Redacción | |
| Sábado, 26 de Xullo do 2008 | |
![]() Pontevedra e A Coruña serán as cidades nas que se estree no mes de agosto High School Musical, un musical baseado nunha película para televisión producida por Disney Channel. A obra estará de xira por España durante ano e medio, visitará máis de 35 cidades e incluirá dúas novas cancións que non aparecen na película orixinal. A montaxe estrearase en Pontevedra o 31 de xullo e estará en cartel ata o 3 de agosto, mentres que na Coruña poderase ver do 7 ó 10 de agosto. High School Musical narra a historia de dous adolescentes, Troy e Gabriella, que se coñecen nun karaoke nas vacacións de Nadal. Tras as vacacións volven a coincidir e ambos preséntanse ó casting para o musical anual da escola. Para conseguir o seu soño, deberán enfrontarse ós prexuizos dos seus compañeiros. Podes atopar máis información e adquirir as entradas na páxina web de Caixanova.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 274 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Sábado, 26 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|






















