'Danza 3' difunde a música tradicional por Galicia PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Mércores, 09 de Xullo do 2008
Image
 
Quince concellos galegos serán os escearios nos que se desenvolva o programa Danza 3, un ciclo de actuacións nos que tres grupos mostrarán as súas pezas musicais e de baile. As tres agrupacións escollidas para estes espectáculos son o Grupo de Baile O Fiandeiro, que levará a escea Esta noite hai unha fía. X aniversario; o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, con Prestixio; e a Agrupación Foloclórica Cantigas e Agarimos, con Na Algalia de Arriba. O ciclo dará comenzo este sábado día 12 en Vilagarcía e ata o mes de outubro percorrerá os concellos de Verín, Carballo, Cambados, Celanova, Betanzos, Vilagarcía de Arousa, O Porriño, Pontedeume, Ribadavia, Monforte de Lemos, Moaña, Melide, Noia, Vilalba e Sarria.
 
Aquí tes o programa do Danza 3.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Mércores, 09 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >