| Arrinca o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Mércores, 23 de Xullo do 2008 | |
![]() O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, todo un referente da mellor música en directo de jazz e blues do noroeste da península, inaugura hoxe a súa XVI edición cun escollido grupo de artistas de case todo o mundo que interpretarán as notas da mellor música para deleite dos espectadores. Compoñen o elenco de artistas dunha das edicións de máis calidade do Festival: Iván Lins, brasileiro universal; o americano Johnny Winter, lenda viva do blues co seu poderoso directo; Kenny Barron , un dos mellores pianistas de jazz de todos os tempos; e Janiva Magness, coa súa poderosa e enigmática voz.
O Pontejazz, que no marco do Festival adica especial atención aos músicos mozos e ao seu labor formativo, tamén se presenta este ano cun programa moi atractivo. As pontes tendidas nas pasadas edicións con diversos artistas da outra beira do Atlántico, afortálanse este ano achegándonos dende Nova Iorq un concerto único, Ambrose Akinmusire Quintet. Todo isto sen deixar de lado aos músicos galegos, xa que o Pontejazz tamén contará coa promesa do jazz galego Xan Campos Quinteto. O Pontejazz inclúe un Workshop con cinco dos músicos máis sobresaintes do jazz neoiorquino coma son Ambrose Akinmusire (trompeta), Walter Smith III (saxo tenor), Aaron Goldberg (piano), Derek Nievergelt (contrabaixo) e Marcus Gilmore (batería), que farán de Pontevedra o referente do perfeccionamento deste estilo musical. Todo este programa durará unha semana, e converterá a Pontevedra nunha universidade do jazz. Ademais, o Pontejazz asenta un ano máis jam-session e jazz pola rúa, permitindo a todos os músicos participar do evento e aos viandantes poder gozar do jazz nas diferentes rúas peonís de Pontevedra. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 129 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 23 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























