| A Compositora Zeltia Montes gaña o premio Jerry Goldsmith |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Martes, 22 de Xullo do 2008 | |
|
A compositora galega Zeltia Montes recibiu o Premio Jerry Goldsmith pola música da película Pradolongo no marco do Congreso Internacional de Música de Cine 'Cidade de Úbeda', que se desenvolveu nesta localidade até o pasado 13 de xullo. Con este premio, que celebra este ano a súa terceira edición, preténdese recoñecer e impulsar as carreiras dos talentos musicais emerxentes.
Zeltia Montes mereceu o galardón á Mellor Música de Longametraxe pola BSO de Pradolongo, dirixida por Ignacio Vilar, ademais do premio á Mellor Compositora Novel, distinción que recibiu de mans de Bruce Broughton, compositor da música de películas como Silverado, Lost in Space, etc. O resto dos galardoados cos Premios Jerry Goldsmith foron Manuel Riveiro, Mellor Música en Curta de Animación e Arturo Diez, Mellor Música en Fase de Desenvolvemento/Creación Libre. O Congreso Internacional de Música de Cine é un dos eventos de carácter internacional máis importantes da súa categoría, e na súa cuarta edición contou coa presenza de recoñecidos profesionais como o escocés Patrick Doyle (Enrique V, A Pegada, Grandes Esperanzas, Harry Potter, Eragon, O diario de Bridget Jones); Bruce Brougton (nomeado ao Óscar por primeira vez por Silverado e un dos artistas máis laureados en Hollywood) e Alberto Iglesias (Premio Nacional de Cinematografía 2007, compositor de Pedro Almodóvar, gañador de sete premios Goya e primeiro compositor español nomeado ao Óscar por O xardineiro fiel). Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 122 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Martes, 22 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|





















