close

Axenda Imaxe

Xov Xul 24 Proxeccións no CGAI
Xov Xul 24 Estreas de cine
Xov Xul 24 Festival de cine, "Filminho"
Xov Xul 24 Cinemas dixitais
Ven Xul 25 Cinemas dixitais
Ven Xul 25 Festival de cine, "Filminho"
Ven Xul 25 Estreas de cine
Sáb Xul 26 Cinemas dixitais
Sáb Xul 26 Festival de cine, "Filminho"
Premier Flash na Coruña PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Xoves, 08 de Maio do 2008
 
Así é. A Crise Carnívora , a primeira longametraxe realizada integramente en animación flash para a gran pantalla vai debutar na Coruña, onde tamén se vai estrear a versión galega. Galega non só pola dobraxe, para a que se convocou aos nomes máis significativos do humor galego dende os máis diversos ámbitos, senón tamén na intención, xa que a produtora Continental apostou por unha adaptación propia, máis achegada ao noso humor e ás nosas referencias, capitaneada por Siro López. Esta versión 'galeguizada' vaise poder ver nos cines de todas as nosas cidades, xunto coa versión en castelán; amais, e por se isto fose pouco, en todos os pases se proxectará un capítulo exclusivo e inédito de Cálico Electrónico, a serie flash que bateu todos os records en internet e que, xa o sabemos, non precisa máis presentación.

Así, A Coruña vai ser o escenario da prestrea o vindeiro xoves día 15 de maio, un día antes de que o filme chegue definitivamente aos cines de todo o Estado ... e de que ti o vexas. Se xa non podes agardar máis, sabe que os tempos son chegados e que, aínda por riba, tes a posibilidade de asistir, acompañado/a por quen estimes oportuno, de balde e convidado/a por Continental Producciones e máis por Novaxove. Sorteamos cinco entradas dobres, así que non perdas máis tempo e escribe un correo a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , co asunto 'A crise carnívora',  indicando (moi importante) nick, a cidade na que vas facer uso da túa entrada dobre (se che toca, claro está), nome e apelidos, as catro últimas cifras do teu DNI, as catro últimas cifras da túa tarxeta Nx e máis un teléfono de contacto. Todo isto, por favor, antes do vindeiro xoves 15 de maio ...  ¡SGuiñorte!

 

<<¿Que pasaría se os animais herdaran a terra? ... Profanación de tumbas, eleccións fraudulentas, dous caimáns gais. Linchamentos, vodas reais, menciña tradicional. Un oso panda moi estupendo. Resistencia clandestina. Rebelión. Política. Guerra…así é A CRISE CARNÍVORA, unha corrosiva comedia coral dirixida ao público xuvenil que tamén estará chea de sorpresas made in Galicia>> 

 

A Crise Carnívora, a película dos fillos de puta (un subtítulo que sempre lle deu a benvida pero caeu do cartaz promocional) é unha corrosiva e aceda comedia, bastante canalla, poboada de animais aos que prestaron a súa voz, para a versión galega,  o que vén sendo a primeira división do noso humor: Manuel Manquiña, Antonio Durán 'Morris', Os Tonechos (Roberto Vilar e Víctor Fábregas), Farruco, Superpiñeiro, Antonio Mourelos, Xurxo Souto, e máis o grupo 'Corre Carmela que chove' dirixidos por Tacho González e con Siro López como autor da adaptación.

Pola súa banda, a versión en castelán tamén reúne a coñecidos actores e humoristas, un grupo de individuos cunha mente tan enfermiza coma os creadores da irreverente película que conseguiron  embaucalos:  Enrique San Francisco, Pablo Carbonell, Pedro Reyes, Álex Angulo, José Coronado, Carlos Sobera, Mario Pardo, Kandido Uranda, Óskar Terol, Gorka Otxoa e Joaquín Reyes

A Crise Carnívora 

<< Grazas ao Pacto Vexetariano, todos os animais conviven en paz e harmonía. Todos menos un: a hiena Crevel, que vive coa angustiosa sensación de non volver a comer carne. Decidido a calmar o seu apetito, unha noite Crevel acode ao cemiterio disposto a engulir os cadáveres, pero no pode facelo: ¡non hai ningún! ..... O león Pérsicus e o seu consigliere, o tigre Altaicus, organizaron toda unha rede alimenticia cos defuntos para manter os seus hábitos carnívoros. Ao ser descobertos, acusan a Crevel da brutal profanación, obrigándoo a fuxir da cólera dos herbívoros. Pero Crevel regresará do exilio cun plan para derrocar aos felinos. Agochado baixo o disfraz do xabaril Willy, propón aos herbívoros unha gran alianza para tomar o poder: converterse non PUTOS AMOS, valéndose da lembranza dun heroe lexendario que se enfrontara no seu día ao consigliere Altaicus: o misterioso lobo Wolfeimer, 'aquel do que nunca falamos'...>>

Esta é a sipnose do argumento de A crise carnívora, protagonizada por un anti-heroe bastante fillo de puta -a odiada alimaña Crevel- unha hiena cheirenta e maliciosa enfrontada ao poder que ostentan os felinos -o león Pérsicus, que pasou de Rei a Presidente e segue a se comportar coma un monarca despótico, e máis o tigre Altaicus, man dereita do Presidente que en realidade é quen manexa o goberno dende a sombra- . Unha trama escura e corruta, unha mirada aceda sobre o modelo actual de convivencia nas nosas sociedades, pola que tamén desfilan os caimáns gais Piensis e Niensis, os animais da granxa (o sector produtivo) liderados polos pastores alemáns, o cabalo Walski, o oso Marítimus, os voitres Liotus e Fulvus, e moitos outros.
 
Fábula animal incorrecta, pois, que naceu dos 'delirios' de Pedro Rivero, director da película e autor do guión en colaboración con Egoitz Moreno. Director da Asociación de Guionistas Vascos dende 2002, despois de traballar coma tal en varias series e longametraxes, Rivero decide encetar, valéndose da empresa Abrakam Estudio e máis dunhas tiras de prensa que publicara quince anos atrás no xornal El Diario Vasco, a longametraxe A crise carnívora. Egoiz Moreno, socio fundador da produtora Abrakam Estudio e coguionista do proxecto, é fundamentalmente autor de cómic  e, segundo contan, o responsable das liñas máis incorrexibles e agudas do filme.
 
A Crise Carnívora

A partir da idea inicial, Kepa de Orbe e máis Gorka Aranburu debuxaron un 'maxistral cómic' con deseños de Roberto Bergado e Pit-a-Pat Estudio, produtora fundada por de Orbe; a animación, pola súa banda, leva o selo de Nikodemo Animation, os creadores de Cálico Electrónico, unha miniserie flash que no último ano recibiu máis de cincuenta e cinco millóns de visitas, xesta nada desprezable para unha serie na que tamén participou, a xeito de 'cameo', algún dos personaxes de A crise carnívora,  coma por exemplo a hiena Crevel co gallo de Halloween.

Unha película de 80 minutos desenvolvida en nove meses por apenas unha ducia de animadores, que viu a luz en 2005; o primeiro pase en pantalla tivo lugar no contexto de Madrid de Cine 2007, pero viaxou tamén aos festivais de Cannes, Sitges, ao Festival Internacional de Cine de Ourense, ao de Donosti, ao Future Film Festival de Bologna ou a Zinemastea 2008 entre outros moitos. Finalmente, A Crise Carnívora desembarcará nos cines o vindeiro 16 de maio con produción de Abrakam Estudio, Dream e Continental Animación.

A Crise Carnívora Responsable tamén da adaptación galega, Continental, con sedes na Coruña e en Madrid, adícase á produción audiovisual dende o ano 1982 nos eidos do cinema, o spot, a televisión ou a comunicación corporativa. Apostando por proxectos de moi alta calidade, e por canalizar o talento e creatividade dos xoves animadores galegos, estréase neste ámbito co poema visual de Miguel Anxo Prado, De Profundis (2007), e máis coa curta A flor máis grande do mundo (baseada nun relato do Nobel José Saramago). Amais, a produtora vén de lanzar IMPULSO TV, unha produtora de vídeos e canais corporativos especializada nas novas tecnoloxías da comunicación, e máis Continental Games, o seu proxecto máis ambicioso, co que se introduce no mundo dos videoxogos. Na actualidade Continental participa coma socio fundador na distribuidora de vídeo e DVD Cameo , así coma no consorcio de exportación de cine español e latinoamericano Latido .
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Venres, 09 de Maio do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Imaxe | Vídeo Destacado