Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Imaxe

Sáb Nov 22 Estreas de Cine
Sáb Nov 22 Cineuropa
Sáb Nov 22 @07:00 - 12:00 Proxeccións no CGAI
Dom Nov 23 Photogalicia 2008
Dom Nov 23 Cineuropa
Dom Nov 23 Estreas de Cine
Lun Nov 24 Estreas de Cine
Lun Nov 24 Photogalicia 2008
Lun Nov 24 Cineuropa
Lun Nov 24 @08:30 - 12:00 Proxeccións no CGAI
Ultimo mensaxe fai: 13 h, 42 '
  • *marta muris : si e algen de vigo pode tamen busco algunha xogadora do bertola ke e de vigo
  • *marta muris : keria ablar co ela k me agregara marta-olivita@...
  • *marta muris : hola soy de vigo keria saber si esta helena la defensa del olivo
  • *el gato : «link»
  • *oscar : ola
  • *oscar : ???
  • *oscar : ola hay alguien
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
(?)
O cine racha fronteiras PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Iria   
Venres, 11 de Xullo do 2008
"Quitando ocasións moi puntuais ó longo da historia, a colaboración existente entre o audiovisual galego e o portugués foi máis ben reducida. Para fomentar as relacións entre a imaxe galega e a portuguesa deseñouse o Filminho, un punto de encontro entre ambos audiovisuais xusto a ambas ribeiras do río Miño". Este é o resumo do espírito da primeira festa do cine galego e portugués que se celebrará en Vila Nova de Cerveira e Tomiño dos días 22 ó 27 de xullo. Pero Filminho nace non só para exhibir as películas a concurso, senón tamén co obxectivo de incentivar a creación e producción dos filmes realizados en Galicia e Portugal. A súa principal misión "é a reconciliación do público coas súas cinematografías nacionais".

 
 
Unha das principais características do Filminho é a exhibición de películas ó aire libre, usando un sistema innovador e aproveitando o ambiente de verán que se vive no Miño nestas datas. Ó ser un evento transfronteirizo, a festa do cinema galego e portugués será desenvolvido en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, dous concellos unidos por unha ponte e que posúen equipamentos culturais complementarios. Os principais escenarios nos que terán lugar ás proxeccións serán o Auditorio Municipal de Cerveira, que se caracteriza por estar ó aire libre e no que se realizará a Gala de Apertura  e espectáculos nocturnos e o Auditorio de Goián, en Tomiño. Este espazo é unha sala de proxección clásica e na que terán lugar as exhibicións oficiais.
 
Image
 
Estas proxeccións dividiranse en tres categorías competitivas. A primeira é o Grande Premio Filminho, no que se admiten filmes de calqueira xénero, pero de producción galego-lusófona. Se premiarán as obras máis innovadoras feitas por xoves creadores. O segundo dos apartados é Obras Miñotas, no que participarán filmes da primeira categoría, que foran realizados nas comarcas próximas, ben sexan incentivados por Filminho ou independentes. Por último e decatándose da proliferación de certames de cinema temático en Galicia e Portugal, o festival galego-portugués incluiu unha categoría, O mellor dos festivais, na que participan automáticamente cada un destes certames coa obra vencedora da súa anterior edición.  Ademais, haberá unha retrospectiva dun realizador aínda sen confirmar, a exhibición de clásicos do Miño e actividades nocturnas.
 
Image
 
Dentro da programación de actividades do Filminho e, coa intención de reforzar a faceta turística da zona, todas as noites despois das proxeccións terán lugar espectáculos cinematográficos e musicais, como un filme-concerto homenaxe ó centeario do realizador Manoel de Oliveira para unha das súas películas mudas. Esta programación nocturna se realizará no Centro Cultural Goianés que, debido a sía disposición, tamén permite a realización de pequenos concertos e proxeccións. Paseos en barco polo Miño e visitas ós museos da zona son outras das actividades culturais previstas polos organizadores.
 
Image 
 
Pero as particularidades do Filminho van máis alá. Conscientes de que a producción audiovisual no Miño transfronteirizo "é case nula", a organización do certame creou o Fórum de Creadores, unha plataforma que pretende impulsar o talento e a creatividade audiovisual na raia. Entre os traballos presentados, o xurado seleccionará catro propostas ás que se lles dará 2.000 euros para a producción e gravación do proxecto.
 
Image 
 
Como remate das actividades programadas para incentivar a creación, programouse dentro do Filminho un curso de verán, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Co título de Filminho 2008, o curso abordará o cine galego-portugués e as súas relacións.
 
Con todas estas iniciativas, os organizadores do certame esperan "que estas terras transfronteiriza traian outra frescura ó audiovisual galego e portugués, e que este conxunto de filmes sexan tamén outra oportunidade para coñecer e gozar das nosas imaxes e do noso cinema". Asi que xa sabes, este mes tes unha cita co cine galego-portugués.
 
Se queres ir quentando motores poder atopar máis información e vídeos promocionais na web do Filminho.
 
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Venres, 11 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Imaxe | Vídeo Destacado

Micrometraxe do artista Pablo Gallo