| Na pel do maior estratega da historia |
|
|
|
| Venres, 02 de Maio do 2008 | |
|
O wargame histórico As Campañas de Napoleón chega hoxe ás tendas españolas coincidindo co 200 aniversario do alzamento que marcou o inicio da Guerra da Independencia, unha oportuna estrea para un xogo de estratexia absolutamente baseado en feitos reais grazas a un importante traballo de documentación histórica, unha concepción única para revivir as batallas do maior estratega de todos os tempos. A xeografía e fronteiras da época, a topografía europea, os uniformes de todos e cada un dos exércitos, a cronoloxía dos feitos … todo foi coidadosamente documentado por especialistas. De feito, unha das características principais do xogo é que presenta o maior mapa da Europa napoleónica recreado até o momento, con numerosos detalles de Escocia a Exipto e de Portugal aos Urais, baseado en proxeccións satélite 3D reais transcritas a 2D. Ademais, presenta unha ampla selección de campañas militares históricas: Austerlitz (1805), Trafalgar (1805), Jena (1806), Friedland (1807), Danubio (1809), Portugal (1811), Rusia (1812), Alemaña (1813), Francia (1814), Waterloo (1815), Prusia (1806-1807), España (1808-1814), e coma bonus, unha historia alternativa, o que tería pasado da invasión de Inglaterra dende o campamento de Boulogne (1805). Os argumentos poden durar dende varios meses a case seis anos en función da campaña, e, en modo so ou multixogador, haberá que dirixir, dependendo das tramas, unha ou varias das sete grandes nacións da época: Francia, Gran Bretaña, Prusia, Rusia, o Imperio Austrohúngaro, España ou o Imperio Otomano, así como organizar as divisións, exércitos e corpos, e xestionar as provisións ou a moral das tropas. ![]() O xogo contempla máis de 1000 unidades diferentes, dende a infantería de base e outros soldados de a pé, até todos os tipos de cabaleiría, xunto con cañóns, artillería, naos de guerra, espías, médicos, guerrilleiros, pontoneiros, mesmo persoal do cuartel xeral. Ademais, até 1500 personaxes e líderes históricos están caracterizados fielmente grazas a un gran esforzo de investigación, estudando a documentación dispoñible, para reproducir, por exemplo, os uniformes adecuados de acordo ao contexto histórico.
Outra das súas características principais, é un avanzado sistema de Intelixencia Artificial que ten en conta estratexias, eventos, contexto político, situación xeográfica , recursos, metereoloxía ... diferentes en función da nación, converténdose en elementos claves durante as partidas. Destaca tamén o sistema de promoción dos líderes, baseado na súa experiencia e nos seus resultados na batalla, o que ademais lle permitirá mellorar todas as súas unidades. As Campañas de Napoleón é un xogo para PC que permite a modalidade para 2 xogadores nun só ordenador, por mail ou por primeira vez neste xénero, por LAN/Internet. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 284 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 02 de Maio do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios




















