| Contra a hipocrisía |
|
|
|
| Escrito por Emma | |
| Venres, 18 de Xullo do 2008 | |
|
<<A película non puido fuxir da realidade da que fala: sufrimos secuestros, roubos, situacións de gran perigo, coma atoparnos no medio dun tiroteo, ameazas de censura..., pero todo iso fíxonos máis fortes: comecei a rodaxe co segundo mellor equipo do cinema brasileiro e rematei co mellor (...) Loito contra a hipocrisía, é a miña maior motivación e non teño ningún problema en enfrontarme a ela >> Jose Padilha
Hoxe estréase nas salas españolas Tropa de Elite, unha coprodución brasileiro-arxentina que se achega sen concesións ao mundo das favelas de Río de Janeiro dende unha óptica até agora inexplorada: o sórdido relato está narrado en primeira persoa polo capitán Nascimento, efectivo do BOPE (Batallón de Operacións Policiais Especiais), un corpo de elite célebre pola súa contundencia, a súa ríxida disciplina, a súa violencia, a súa inhumanidade, os seus cuestionables métodos -que inclúen torturas e execucións- e a súa eloxiada, por inédita, incorruptibilidade. Así, Tropa de Elite perfila un gran interrogante moral no que conflúen numerosos factores, tantos coma os grupos sociais representados no filme: os narcotraficantes e delincuentes mozos, a xente humilde curtida nas favelas, a clase media-alta que sustenta o negocio das drogas, o resto de corpos policiais indiferentes e corruptos ... En palabras do director, Jose Padilha : <<O conflicto entre as distintas éticas destes grupos sociais por mor da hipocrisía imperante faise máis dramático porque todos eles se someten á violencia (...) Todo é gris, nada é negro ou branco, e todos conviven con este mundo gris coma se fose normal. Esta é a crónica da nosa cotidianidade, a guerra que vivimos>>. Todo o anterior, e que merecese o Oso de Ouro na Berlinale 2008, abondarían para explicar por que se trata dunha das estreas máis comentadas deste ano, pero aínda hai máis: Tropa de Elite é a película máis exitosa do cinema brasileiro, e é a máis exitosa dende incluso antes da súa estrea, pois estímase que nove millóns e medio de espectadores xa viran a película antes da súa chegada ás salas de cine debido ás copias ilegais que asolagaron as principais capitais do Brasil, converténdose nun gran fenómeno da piratería que obrigou a mudar a cinta orixinal. Aínda así, bateu todos os récords de recadación nos cines e provocou un encendido debate neste país que se estendeu máis alá das súas fronteiras, chegando ao xornal The New York Times e á BBC. E por chegar, mesmo chegou aos tribunais, pois segundo informou The Guardian, a policía carioca tentou impedir a súa estrea acudindo á xustiza. <<Foi puro anti-márketing. Namentres a película se convertía nun superéxito clandestino, nós non víamos un peso. Había unha copia de DVD que tres meses antes de estrear o filme foi roubada e distribuida até acadar 9,5 millóns de espectadores. Todo o mundo en Brasil odia á policía e a xente toleou. O BOPE (Batallón de Operacións Policiais Especiais) viuse reflectida na película e tratou de impedir a estrea. Mentres, algúns locais cobraban entrada por amosar a copia pirata. Despois, cinco millóns de persoas foron ao cine a ver a película>> Jose Padilha Río de Janeiro, 1997. A Nascimento, capitán do BOPE (Batallón de Operacións Especiais da Policía), asígnaselle o mando dun dos grupos que ten a misión de "pacificar" as favelas do outeiro (morro) de Turano por causa da visita de Xoan Pablo II, quen vai instalarse nunha zona achegada. O capitán, baixo unha presión constante, empeza a notar os efectos do estrés. Ten que executar as ordes recibidas, mentres tenta encontrar un substituto, xa que a súa muller, Rosane, se atopa nos seus últimos días de embarazo e pídelle constantemente que abandone a primeira liña do Batallón. Nestas condicións, chámano para outra emerxencia máis nunha favela. Durante un tiroteo nunha festa funk, Nascimento e os seus teñen que salvar a dous aspirantes a oficiais da policía: Neto e André Matias. Desexosos de entrar en acción e impresionados pola actuación dos seus salvadores, os dous se presentan coma candidatos ao curso de formación do BOPE. Unha das cuestións que desatou a gran polémica que arrodea ao filme, son as duras tácticas empregadas polos BOPE que nela se retratan, polo que a historia foi acusada de fascista e de facer apoloxía da tortura e a violencia. Fronte a isto, a corrupción do resto de corpos policiais aparece absolutamente xeralizada, e os universitarios e membros de ONGs caricaturizados e case ridiculizados. A película sostén ademais a controvertida tese de que é a clase media-alta da cidade, consumidora habitual de todo tipo de drogas, a que alimenta o negocio do narcotráfico e financia as súas armas: <<O estudante e a integrante da ONG conviven cos traficantes. O BOPE non, combáteos. Para o estudante, fumar marihuana é unha cousa normal, non se lle ocorre pensar que está financiando a arma que dispara á policía>>. E a cuestión, é que o que sucedeu en Brasil arredor de Tropa de Elite é, cando menos dende un punto de vista externo, sorprendente e insospeitado. Para que entendas a que nos referimos, e para convidarte á reflexión e ao debate, deixamos un anaco da reseña Tropa de Elite y una sociedad violenta, escrita por Tony para o blog de viaje a Brasil : <<Para un europeo (especialmente), acostumbrado a un lenguaje sobre ley y orden y derechos humanos perceptiblemente diferente del que permea la sociedad brasileña, el retrato de la violencia policial extrema (tortura y ejecución) por parte del BOPE, el grupo de élite que protagoniza la película, provoca un profundo malestar y genera una actitud casi automática de rechazo visceral. El problema del director fue haber asumido que el público brasileño iba a reaccionar de la misma forma. Sorprendentemente o no, la realidad es que una parte sustancial de la población brasileña ha jaleado las prácticas del BOPE en su lucha contra la criminalidad, y ha elevado al violento grupo policial a la categoría de héroes. En este carnaval de Río, el disfraz de policía de BOPE (con versión infantil) está siendo un gran éxito (Fantasia do Bope é sucesso de vendas no Rio)>>
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 190 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 18 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios



















