Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Imaxe

Sáb Nov 22 Estreas de Cine
Sáb Nov 22 Cineuropa
Sáb Nov 22 @07:00 - 12:00 Proxeccións no CGAI
Dom Nov 23 Photogalicia 2008
Dom Nov 23 Cineuropa
Dom Nov 23 Estreas de Cine
Lun Nov 24 Estreas de Cine
Lun Nov 24 Photogalicia 2008
Lun Nov 24 Cineuropa
Lun Nov 24 @08:30 - 12:00 Proxeccións no CGAI
Ultimo mensaxe fai: 14 h, 12 '
  • *marta muris : si e algen de vigo pode tamen busco algunha xogadora do bertola ke e de vigo
  • *marta muris : keria ablar co ela k me agregara marta-olivita@...
  • *marta muris : hola soy de vigo keria saber si esta helena la defensa del olivo
  • *el gato : «link»
  • *oscar : ola
  • *oscar : ???
  • *oscar : ola hay alguien
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
(?)
Cando o amor é un desatino PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Venres, 16 de Maio do 2008

O vindeiro 23 de maio chegará aos cines Abrígate, unha coprodución hispano-arxentina que foi rodada case integramente na vila coruñesa de Betanzos e que en Galicia se vai estrear tamén na súa versión orixinal, na que conviven os idiomas galego, castelán e 'porteño'. Dirixida por Ramón Costafreda (Mos-Pontevedra), que asina así a súa primeira longametraxe despois dunha prestixiosa traxectoria -con máis de trescentas producións ás súas costas- como relaizador de spots publicitarios, e con guión de Fernando Castets, unha das figuras máis importantes do actual panorama cinematográfico arxentino, Abrígate é una comedia romántica doce, sensual e disparatada, con certo aire de comedia parisina, pero centrada nas pequenas cousas dun mundo máis achegado e sinxelo.

Continental Producciones e Novaxove queren convidarte a gozar desta película chea de marabillosas sensacións, imprevisible como a vida e como o amor. Por iso sorteamos cinco entradas dobres entre todos/as cantos enviedes un correo a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , indicando no asunto 'Abrígate', co voso nick, nome e apelidos, as catro últimas cifras do DNI, as catro últimas cifras da Tarxeta Nx, teléfono de contacto, cidade na que ides facer uso das entradas se resultades 'agraciados/as' e enderezo postal para remitilas. Todo isto, por favor,  antes do vindeiro xoves 22 de maio.... ¡SGuiñorte!

 
 
Valeria (Manuela Pal) Valeria cambiou o seu Bos Aires natal por Betanzos, unha vila da Coruña da que procede a súa familia. Excéntrica, soñadora e divertida, aos seus 25 anos atópase na encrucillada sentimental máis surrealista da súa vida: trala repentina morte do seu maduro e atractivo amante, namórase de Marcelo (Félix Gómez), o fillo do defunto. A súa amiga Adela (María Bouzas), dona da perruquería onde ambas traballan, vaina axudar a despexar a incógnita. E mentres tanto gozan cos seus veciños das pequenas ledicias, rinse das penas e fantasean con ter unha vida diferente (inspirada quizais nos carteis parisinos que decoran a perruquería...).
 
Abrígate filmouse o pasado verán na chamada Cidade dos Cabaleiros, que se converteu durante semanas no escenario desta produción, así como a súa contorna, con localizacións como a emblemática paraxe de Chelo (Paderne), Miño ou Caión. Unha elección que segundo Ramón Costafreda, da opinión de que non existe mellor lugar para 'abrigarse' que a propia terra, conta con todos os elementos básicos en canto ao escenario, incluída a luz: <<Betanzos, como digo eu, é unha zona fronteiriza: é cidade pero ten a aldea ao seu carón, e ten tamén un río que é un mar porque está sometido ás mareas>>.
 
Abrígate

O film, acollido ao programa arxentino-galego-catalán Raíces, está producido por Continental, SB Producciones, Patagonik e Oberón Cinematográfica, coa participación da TVG e TVE, e con  distribución de Buena Vista Internacional Spain . Protagonizada pola actriz arxentina Manuela Pal (que participou na serie Vientos de agua) e polo sevillano Félix Gómez (O ano da Carracha ou Máis ca irmáns) conta tamén con dúas primeiras figuras do cinema e o teatro galego, María Bouzas (dona da perruquería na que traballa Valeria) e Celso Bugallo (que interpreta a Coco, un pintoresco emigrante retornado). Ademais, o reparto hispano-arxentino complétase cunha longa lista de secundarios galegos coma Cristina Ramallal, María Salgueiro, Luís Zahera, Aurora Maestre, Isabel Naveira, Pepo Suevos ou Álex Neira. Finalmente, case todo o equipo técnico é galego.
 
Abrígate estreouse o ano pasado na Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida, onde participou na Sección Oficial, e conta cun presuposto de 2 millóns de euros, o que a converte nunha das apostas empresariais máis fortes de Continental. Ademais, conta co gran atractivo, que os galegos gozaremos en maior medida, de que cada un dos personaxes fala no seu respectivo idioma materno o que, ademais de reflectir a realidade lingüística de Galicia, tal e como apuntou o produtor Pancho Casal, pretende expresar que os idiomas, como as culturas, teñen a capacidade de convivir e amalgamarse. Porque Abrígate é tamén un relato sobre a identidade, sobre o afán universal de dar coa propia identidade e de descifrar a colectiva, un continuo diálogo visual entre os personaxes que xiran arredor de Valeria, quen chega a Betanzos na busca do rastro da súa familia desfacendo un camiño que só coñece a través das fotos do seu avó.
 
Abrígate 
 
A opera prima do galego Ramón Costafreda, que xa rodara a tv-movie Máis ca irmáns e participara no equipo de dirección de longametraxes de Javier Aguirre ou Mariano Ozores, conta ademais con outro gran atractivo e excelente carta de presentación: o guión de Fernando Castets, moi coñecido -e recoñecido- polos seus traballos ao lado de Juan José Campanella, unha das fórmulas de maior éxito do cinema arxentino en todo o mundo, con títulos coma El hijo de la novia ou Luna de Avellaneda. Neste guión tamén participou o propio Ramón Costafreda, así como Inés París, autora de A mi madre le gustan las mujeres e Semen, una historia de amor, entre outros traballos.

A longametraxe caracterízase tamén por un coidado e excepcional tratamento visual, unha estética na liña da nouvelle vague francesa con situacións surrealistas que, din, poden lembrar a Amelie. Unha película que, en definitiva, pretende transmitir ao espectador a idea de ida e volta, o amor, a paixón, a amizade, a acollida, a capacidade que temos para superar as cousas e para vernos a través dos seus riscos.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Venres, 16 de Maio do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Imaxe | Vídeo Destacado

Micrometraxe do artista Pablo Gallo