Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 12 h, 56 '
  • *marta muris : si e algen de vigo pode tamen busco algunha xogadora do bertola ke e de vigo
  • *marta muris : keria ablar co ela k me agregara marta-olivita@...
  • *marta muris : hola soy de vigo keria saber si esta helena la defensa del olivo
  • *el gato : «link»
  • *oscar : ola
  • *oscar : ???
  • *oscar : ola hay alguien
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
(?)
O MARCO achega, cun ciclo de vídeo, unha panorámica do Land Art PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 de Maio do 2008
 
Francis Alÿs. Cuando la fe mueve montañas
 
Durante catro días do mes de maio, o salón de actos do MARCO, en Vigo, acolle o ciclo de vídeo Unha estaca na lama, un foxo cinta. O campo expandido do Land Art, 1968-2008, comisariado por Latitudes, despois da súa presentación no Museo Tamayo de Arte Contemporáneo de México, e antes de continuar a súa itinerancia a Basilea, Sevilla e Barcelona.

Tomando prestado o seu título dos escritos de Robert Smithson, este programa presenta unha selección de imaxes en movemento que forman parte da memoria histórica do Land Art, acompañadas de producións de artistas contemporáneos.

O termo Land Art, que nos seus inicios non se articulou coma un movemento coherente nin baixo unha serie de principios establecidos, abrangue na actualidade dende as monumentais escavacións e construcións realizadas no deserto do oeste norteamericano por artistas como Walter de Maria, Nancy Holt ou Dennis Oppenheim, até proxectos de creadores europeos como Richard Long, que seguiron topoloxías e motivacións moi distintas.

Existe non obstante un interese compartido polo afastado, así como por sitios específicos, que entretece un itinerario fílmico que vai dende as cloacas de Nova York e Viena (Gordon Matta-Clark, Hans Schabus), aos desertos de California (Mario García Torres), ás montañas do País Vasco (Ibon Aranberri) e ás paradisíacas praias de Taveuni (Nikolaj Recke).

Latitudes é unha oficina curatorial fundada en 2005 por Max Andrews e Mariana Cánepa Luna, que colabora con artistas e organizacións na produción de proxectos artísticos. Con base operativa en Barcelona, Latitudes explora redes locais, pan-europeas e internacionais. En 2006 editaron LAND, ART: A Cultural Ecology Handbook e en 2007 a revista italiana UOVO#14 titulada Ecology, Luxury and Degradation. Recentemente organizaron a exposición Greenwashing. Medioambiente: Perigos, Promesas e Perplexidades en Turín (Italia). Latitudes é membro do Consello Editorial de The Bookmakers Ed., Turín, e forma parte do Consello Curatorial de APT Intelligence.

O ciclo de vídeo vaise desenvolver os días 8, 9, 15 e 16 de maio e a entrada será libre e gratuíta até completar aforo. Este xoves 8 de maio, coincidindo coa inauguración do ciclo, os comisarios Mariana Cánepa e Max Andrews ofrecerán unha charla-presentación ás 20.00 hs., antes do comezo das proxeccións.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Mércores, 07 de Maio do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Imaxe | Vídeo Destacado

Micrometraxe do artista Pablo Gallo