| Mundos Dixitais chega ó seu fin |
|
|
|
| Escrito por Redacción | |
| Sábado, 05 de Xullo do 2008 | |
![]() Hoxe finaliza o encontro Mundos Dixitais que dende o pasado 1 de xullo se está a celebrar na Coruña e o fai co Festival Internacional de Animación. Neste certame nove curtas de animación participarán en dúas categorías: cinco optarán ó galardón á Mellor Curtametraxe de Animación, e catro o farán no apartado de Mellor Curtometraxe Nacional. This Way Up, Al dente, Jungle Jail, Descendant e Trickster competirán na primeira categoría, mentres que Perpetuum Mobile, El príncipe de las basuras, El bufón y la infanta e Casitas o farán na segunda. Ponse fin así a un encontro que reuniu a gran cantidade de profesionais da animación tanto a nivel nacional como internacional e que deu a oportunidade a estudantes de deseño de presentar os seus traballos ante as grandes compañías da animación dixital. Máis información na web de Mundos Dixitais.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 128 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 04 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























