Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 13 h, 21 '
  • *marta muris : si e algen de vigo pode tamen busco algunha xogadora do bertola ke e de vigo
  • *marta muris : keria ablar co ela k me agregara marta-olivita@...
  • *marta muris : hola soy de vigo keria saber si esta helena la defensa del olivo
  • *el gato : «link»
  • *oscar : ola
  • *oscar : ???
  • *oscar : ola hay alguien
  • nx.paco : bos días
  • *guest_9792 : si eu xo digo tamen
  • *guest_6715 : holaaaaa
(?)
Imagen Noticias
Youtube abre o prazo para o seu concurso de curtas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Venres, 21 de Novembro do 2008
Image
 
Youtube, o Festival de Cine de Sundance e Moviefone veñen de por en marcha a segunda edición de Project: Direct, o concurso internacional de curtas online destinado a descubrir novos talentos. Os afecionados ó cine poderán presentar os seus traballos ata o vindeiro 14 de decembro. Todas as curtas deberán ter tres elementos comúns, un obrigatorio (un teléfono vermello) e dous que se poden elexir dunha lista de 25 obxectos. Tras o peche da convocatoria, o nome do gañador e dos dous finalistas darase a coñecer o 5 de xaneiro.
 
Máis información na canle de Youtube.
 
Implicadas presenta o dvd 'A semente-Etiopía' PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redaccion   
Martes, 18 de Novembro do 2008
Image
 
Implicadas no Desenvolvemento presentan mañá na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela o dvd A semente-Etiopía, dirixido por María Reimóndez con imaxes de Paco Vilabarros.  A través deste documento audiovisual, preténdese achegar a realidade das comunidades máis desfavorecidas do Sur, así como coñecer os testemuños das beneficiarias dos proxectos de cooperación e as diversas involucradas no mesmo. A proxección complétase cun coloquio sobre o microcrédito, unha das ferramentas máis importantes para acadar o desenvolvemento das comunidades a través da administración das mulleres.
Última actualización ( Martes, 18 de Novembro do 2008 )
 
Gañadores do 'Mellor asasino de película' PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redaccion   
Martes, 18 de Novembro do 2008
Image
 
Costóunos decidirnos. A grande cantidade de respostas que enviáchedes no noso intento de buscar ó Mellor asasino de película fixo que tivéramos que deliberar longamente sobre a quen darlle os premios sorpresa. Pero tras un arduo debate do equipo de Novaxove, aquí vai o nome dos gañadores. Nesta ocasión, establecimos un primeiro, segundo e terceiro premio. 
 
O primeiro premio pola súa longa e orixinal lista de asasinos, explicando o por que de cada un, e que se leva un pack de películas de Woody Allen é
 
Alicuecano
 
Tamén polas súas varias propostas, ben argumentadas, o segundo premio, consistente nunha edición de dvd+libro da película Fascinación, de Brian de Palma, é para  
 
Amidala
 
E o terceiro e último premio, unha edición de luxo de Matar a un ruiseñor é, por pensar nos nenos, para
 
Duri
 
NorabRiendoa ós tres e gracias pola vosa colaboración. Esperamos que disfrutedes vendo os filmes das coleccións que vos faremos chegar. Pero para iso, precisamos que nos enviedes un correo a \n Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver coa vosa dirección postal. Non perdades tempo, que canto antes nos mandedes a dirección antes vos chegarán os regalos.
Última actualización ( Martes, 18 de Novembro do 2008 )
 
Localia deixará de emitir PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redaccion   
Venres, 14 de Novembro do 2008
Image
 
O grupo Prisa anunciou o peche da cadea de televisións Localia TV, debido á crise económica e á caída da inversión publicitaria.  O peche prodúcese ademáis por "las dificultades y la incoherencia" que presenta o marco regulatorio actual, segundo indicaron fontes de Prisa. Localia comenzou as súas emisións en 2000 e na actualidad está presente no 84% das poboacións con máis de 50.000 habitantes.
 
Vilagarcía acolle a estrea do documental 'Made in L.A.' PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Mércores, 12 de Novembro do 2008
Image
 
O Festival Internacional Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, que comeza mañá xoves, estreará en primicia en España a documental gañadora dun Emmy Made in L.A., unha obra que fala da loita de tres inmigrantes latinas para parar os abusos ós que son sometidas como costureiras dun taller. O Festival de Vilagarcía é un dos máis antigos de Galicia e na súa 36 edición contará con 25 traballos na sección oficial, que optarán a cinco premios.
 
Máis información na web do festival.
Última actualización ( Mércores, 12 de Novembro do 2008 )
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 123

Imaxe | Vídeo Destacado

Micrometraxe do artista Pablo Gallo