| Cine e cultura pop no CGAI |
|
|
|
| Escrito por Redacción | |
| Xoves, 10 de Xullo do 2008 | |
![]() O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) leva a cabo hoxe e mañá o seminario Happy Together. Cine e culturas pop, no que se abordará a relación entre cine e música a través de ponencias con recoñecidos xornalistas e profesores. O cine como arte pop, a cargo do crítico do País, Jordi Costa; O rockumental, unha moda pasaxeira?, da man do director artístico do Festival In-Edit, Luis Hidalgo ou as Sinerxías industrias, a cargo do crítico de cine Quim Casas, son algunhas das conferencias ás que se poderá asistir. Ademais, o CGAI estableceu no marco deste evento un punto de encontro nocturno no Pub 14, no que haberá sesións dj´s. Máis información na páxina do CGAI.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 159 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Xoves, 10 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|






















