| A Galega estrea este luns 'Ben Falado!' |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Sábado, 19 de Xullo do 2008 | |
![]() A TVG comezará a emitir este luns, 21 de xullo, o microespazo divulgativo Ben Falado!, cinco minutos diarios adicados á lingua galega que chegará ao público na franxa matinal, contra as 10.40 hs, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal.
Ben Falado! será como un prato combinado, pois o telespectador accederá a explicacións do seu apelido e do nome do lugar en que vive; a curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas; ao sentido de ditos e refráns. Verá como se move a lingua nos colexios, nos institutos, nos movementos xuvenís, nas empresas, na Internet. Verá o que foi a lingua galega na Idade Media e o que é hoxe nun contexto internacional: novas tecnoloxías como tradución automática, a síntese de voz, o mundo dos blogs, o Punto Gal, as televisións escolares en galego, etc. Coñecerá especialistas estranxeiros que traducen a nosa literatura ás súas linguas ou que fan dicionarios bilingües para poderen despois traducir do galego ás súas linguas e viceversa”. O novo microespazo achegará uns contidos que poida comprender sen esforzo un mariñeiro, unha doutora en medicina, un gandeiro ou unha mariscadora, un xubilado ou unha especialista en física de partículas. Tamén a infancia estará presente en todos os capítulos, nos que se dará a ver, ademais, a enorme creatividade que a lingua galega esperta maiormente na infancia, na xente moza, no mundo literario ou musical, no sector sanitario, no empresarial; pero tamén a atención que se lle adica fóra de Galicia. O estilo do programa pretende, segundo o seu director e presentador, “ensinar deleitando, cun espírito cordial e positivo”, para que o telespectador, coñecendo mellor o mérito das palabras que el usa, aumente o seu amor á lingua e tamén o seu interese por falala máis e mellor”. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 136 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|























