Ademais da anterior mensaxe falando de como poñer un vídeo dende YouTube nos foros de Nx, imos falar de como inserir tamén calqueira arquivo de audio ou vídeo, sexa cal sexa o formato.
Nx conta cun motor de playeo chamado AllVideos, un plugin ben fermoso que permite que poidas ver e escoitar case todo o playeable na rede.
Para eso, só tes que poñer entre tags (etiquetas) o código ou o nome do arquivo que queres reproducir, ou a url do arquivo que subiches ao foro.
EXEMPLO: Si o vídeo está pendurado en Nx (na sección de videos, talmente):
| Código: : |
{tipo_de_arquivo}ruta_do_arquivo/nome_do_arquivo_sin_extension{/tipo_de_arquivo}
|
donde {tipo_de_arquivo} será swf, flv, wma.........
E que pasa si o vídeo está noutro servidor? nese caso só tes que engadir a palabra remote nas tags de apertura e peche do asunto:
| Código: : |
{swfremote}www.outroserver.com/cartafol/meuvideo.wmv{/wmvremote}
|
ou ben:
| Código: : |
{mp3remote}www.outroserver.com/cartafol/meuaudio.mp3{/mp3remote}
|
Para o que ves abaixo, o código é
| Código: : |
{mp3remote}www.ladinamo.org/superjuez/elmomentodehacer/elmomentodehacer.mp3{/mp3remote}
|
Fácil, non sí?