Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Deportes

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 1 h, 41 '
  • samhain : que aproveche
  • samhain : ciao master
  • webmaster : bueno, hasta luego... que también me enstá entrando la jambre !!
  • samhain : Smile
  • samhain : alguna entrada que otra para el depor me tiene tocado
  • webmaster : gracias wink
  • webmaster : juer, y eso que aún no te hemos regalado nada:D Smile
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
  • webmaster : bueno, si tienes dudas, ya sabes donde "mancontro"
(?)
Usain Bolt, o máis veloz PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Emma   
Luns, 25 de Agosto do 2008
 
<<¿Por qué los cien metros planos son la prueba reina del atletismo, la que más expectativas despierta y más titulares acapara? ¿Por qué una medalla de oro en esta prueba equivale a ocho medallas doradas en natación? ¿Por qué nos importan más sus centésimas que las décimas de otras distancias, que los centímetros de los saltos, los kilogramos de los pesistas y la destreza de los gimnastas? Nadie ha podido explicarlo. Tal vez tenga que ver con el hecho de que la velocidad resume de manera perfecta el espíritu de nuestro tiempo, nuestra loca premura>>. De Pistorius a Usain Bolt, Julio César Londoño.

Xa se apagou o facho olímpico. Sen embargo, e máis alá dos efémeros titulares que espremeron a actualidade dos Xogos minuto a minuto, restará un eco moito máis duradeiro que corresponde sen dúbida aos dous heroes de Beijing 2008, dous deportistas excepcionais que deixaron ao mundo coa boca aberta e, de paso, fixeron historia. Dunha banda, Phelps, de quen che falabamos a semana pasada, que con oito oros e seis récords mundiais se convertía no deportista máis laureado da historia. olímpica. E da outra, o mozo xamaicano Usain Bold, quen xuntou tres ouros con tres contundentes vitorias que transformou ademais en tres clamorosos récords mundiais, converténdose no home máis veloz de todos os tempos.

Contravindo todos os estereotipos acerca da morfoloxía e a anatomía do perfecto velocista, a súa combinación letal de velocidade e zancada deparou vibrantes exhibicións onde máis que gañar ninguneaba aos seus rivais, deixándose ir nos tramos finais da carreira que empregaba para celebrar as súas vitorias antes de ter cruzado a meta. Un desgarbado xigante de 1,95 metros, 76 Kg, e vinte e dous anos recén cumpridos, 'abandeirado da rebelión xamaicana contra a hexemonía estadounidense en velocidade', que aportou naturalidade, frescura, emoción e sobre todo credibilidade a estas probas, sumidas durante os últimos anos no descreto polos escándalos de dopaxe. É a nova e eficaz atracción do atletismo e 9.69, 19.30 e máis 37.10 son as súas case imposibles credenciais, pois para moitos non son deste mundo.

Usain Bolt 

O certo é que 'Bolt, o rei Usain', como o alcumou a prensa deportiva francesa, xa aterrizaba en Pequín co título do home máis veloz da historia. O pasado 31 de maio, no contexto do Grand Prix de Nova Iorq, bateu o récord do mundo dos 100 metros ao deter o cronómetro en 9.72 segundos. A xesta tiña a súa miga, xa que o xamaicano, especializado nos 200 metros -modalidade na que foi subcampión no Mundial de Osaka (2007)- só competira en cinco ocasións durante toda a súa traxectoria no hectómetro, é dicir, practicamente estreábao.

A marca usurpáralla ao seu compatriota Asafa Powel, mentres que o estadounidense Tyson Gay ostentaba o título de Campión do Mundo en 100 e 200 metros. Estes tres, os máis rápidos do planeta, acaparaban oito récords mundiais no último ano e ían coincidir na denominada proba reina, os 100 metros lisos, converténdoa no duelo máis agardado de Beijing 2008. Finalmente, Gay descolgouse logo de ser eliminado en semifinais e Powel decepcionou cun quinto posto, mais con todo a cita é, hoxe en día, a carreira más rápida da historia.


Vírono millóns de espectadores, e lembrarano. Bolt foi o penúltimo en 'partir' do taco,  pero non precisou máis de 20 metros para empezar a voar. Aos 30 xa ía primeiro e aos 50 sacaba tres corpos de distancia aos seus opoñentes. Aos 80 xa non existía competencia, e nos últimos quince metros 'paseou' sen 'présa', estirando os brazos e golpeándose o peito, facendo gala da súa insultante superioridade. O crono marcou 9.68 e pico, 9.69 unha vez axustado, reducindo en tres centésimas a súa propia plusmarca, porque non quixo máis, e conseguindo por vez primeira na historia que esta baixase de 9.70. A loucura apoderouse do Niño do Paxaro, o Estadio Nacional de Pequín, que asistía ao nacemento dunha nova lenda deportiva. O seu pulo mellorou ademais as marcas dos sus rivais, pois seis dos oito atletas que participaban na final baixaron dos dez segundos e melloraban tamén as súas propias marcas.

Usain Bolt

Disque Bolt, ademais dun lóstrego (o seu alcume oficial, aínda que lle sairon moitos outros) é considerado algo preguiceiro e 'pallaso'. Por iso entre tanta ovación e eloxio, o presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), Jacques Rogge, acusou a Bolt de inmaduro recriminándolle a súa actitude na recta final e afirmando que debería ter amosado máis 'respecto' diante dos seus rivais cunha apertón de mans ou unha palmadiña nas costas, 'máis acordes co espírito olímpico'. Bold quixo respostar declarando <<Son alguén que vive das súas actuacións, viñen a Pequín a actuar e se a xente gozou coa miña actuación quere dicir que fixen as cousas ben>>, rematando cun firme <<Non vou cambiar>>.

Pulso a pulso, o máis veloz consagrouse nos 'seus' 200 metros catro días despois. Nova medalla de ouro e nova plusmarca (19.30), rebaixando en dúas centésimas a establecida por Michael Johnson na final de Atlanta 96. Foi unha carreira controvertida na que o podium sofreu importantes modificacións ao ser descalificados o norteamericano Spearmon e o antillano Churandy Martina, terceiro e segundo respectivamente, por invadir o carril contrario pisando a raia branca. Bold, inmune a estas circunstancias, completaba a súa xesta emulando o doblete que conseguira o mítico Carl Lewis en Los Ángeles 1984.

Usain Bolt 

Pero a 'actuación' de Bolt non rematara, rodeado dos seus, aínda ía conseguir a súa terceira medalla de ouro e o seu terceiro récord mundial (37.10) en seis días, esta vez como membro do relevo 4x100 xunto aos seus compatriotas Nesta Carter, Michael Frater e Asafa Powel, quen puido brillar ao fin tras recibir do lóstrego, que correu na terceira posta, con moita vantaxe. 

Todas as olladas estaban postas unha vez máis nos corredores xamaicanos, que chegaban á final coma favoritos indiscutibles, despois de deixar fóra ao campión mundial Tyson Gay, para ultimar a súa misión: converter a Xamaica na capital da velocidade. E así o fixeron, con cinco medallas de seis, desbancaron á até entón potencia indiscutible, Estados Unidos, que marchou dos Xogos sen un só ouro nesta especialidade.

Image

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 25 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Deportes | Vídeo Destacado

Caixanova MotorShow 2008

RSS de deportes