| Surfeando nas rúas |
|
|
|
| Escrito por Iria | |
| Domingo, 13 de Xullo do 2008 | |
|
Diversión, coordinación e sentido do equilibrio son os elementos que aglutina o street surfing, o último en deportes urbáns e que combina tres modalidades deportivas: o surf, o snowboard e o monopatín. Pero o street surfing non é só un deporte que permite deslizarse polas rúas da cidade sobre unha táboa denominada The Wave, senón que se converteu en toda unha filosfofía conseguindo milleiros de adeptos, primero en Estados Unidos e agora en España. A táboa usada no street surfing, a difrencia do monopatín clásico, só ten dúas rodas oscilantes. Outra diferencia básica con respecto ó skate, é que neste novidoso deporte non se realizan impulsos co pé cando se vai por zonas rectas, senón que o desprazamento se logra gracias ós movementos que fai o patinador sobre a táboa.
![]() O street surfing xurdiu en California no 2004 da man dos irmáns Jasun e Mark Weiner. Tras varios intentos e consultas con inxeñeiros e profesionais do surf e o snowboard, crearon algo semellante a unha táboa de surf sobre a que se podían desplazar imitando os movementos do snowboard. Así naceu The Wave, unha táboa formada por dous puntos de apoio duros unidos por unha barra, que actúa de elemento estabilizador do movemento. Este deporte exportóuse a España recentemente a través dos creadores de The Street Surfing, un grupo de xente afecionado a esta modalidade deportiva e que quixo difundila entre todo tipo de público, especialmente os máis novos. Na páxina web de Street Surfing, os seus responsables explican como comenzar a practicar este deporte. O primeiro é comenzar a marcha. Para iso, débese colocar o pé no centro da plataforma dianteira da táboa, tras o cal se pón The Wave en paralelo co chan e cun pequeno impulso cólocase o outro pé. É recomendable, unha vez feito isto, pasar o peso do pé dianteiro ó traseiro. A pregunta unha vez subido é ¿como me movo coa táboa? Os pasos, na teoría, parecen sinxelos. Só hai que xirar as pernas de lado a lado coas rodillas semiflexionadas e acompañar este movemento cos hombros e a cadeira, como debuxando unha s. Algo que tamén é importante é saber xirar e frear. Porque non todas as rúas da cidad son rectas, para xirar hai que mover o corpo cara o lado onde queiras orientarte e xirar as dúas plataformas en direccións opostas. Para frear, só hai que reducir a velocidade e baixarse da táboa cando esta se empece a orientar cara un lado. ![]() Pero con The Wave podes facer moito máis que deslizarte. Ó igual que co monopatín ou coa táboa de snowboard, podes practicar diferentes trucos. Entre estos destacan o nose manual, co que te podes inclinar sobre a plataforma dianteira, ó tempo que te deslizas; o board leao, que consiste en baixar e subir dunha táboa a outra sen tocar o chan ou o body varial, co que cambias a túa posición sobre a táboa. Outros trucos que combinan as alturas, o salto de obstáculos e os deslizamentos son o ollie ou o acid drop. Para poder realizar todos estes trucos é necesario que a táboa esté en perfectas condicións. Os responsables do street surfing en España recomendan apretar as rodas con regularidade, para evitar que se desgasten e para asegurar a estabilidade de The Wave. O precio mínimo recomendado da táboa en España é de 149 euros. Ó adquirila se adxunta a chave necesaria para axustar as rodas. Hai gran variedade de modelos, entre as que se poden atopar algúnhas específicas para nenos. Se che interesa este novo deporte non deixes de visitar a páxina de streetsurfing.com, na que poderás atopar máis trucos que facer sobre a túa The Wave, ver máis vídeos e fotos, deseñar a túa táboa ou practicar de forma virtual cun xogo no que tes que esquivar obstáculos montado nunha táboa de street surfing. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 221 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Domingo, 13 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

















0 comentarios























