Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Deportes

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 33 '
  • webmaster : olá de novo a todos e todas e todes
  • samhain : que aproveche
  • samhain : ciao master
  • webmaster : bueno, hasta luego... que también me enstá entrando la jambre !!
  • samhain : Smile
  • samhain : alguna entrada que otra para el depor me tiene tocado
  • webmaster : gracias wink
  • webmaster : juer, y eso que aún no te hemos regalado nada:D Smile
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
(?)
Os doce olímpicos galegos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Luns, 04 de Agosto do 2008

Quedan catro días. O 8 do 8 de 2008 ás 8 da tarde -hora chinesa- vai ter lugar a cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos de Beijing. Tanto oito, como imaxinarás, non é ningunha casualidade: ese é o número da sorte en China e, polo xeral, en case toda Asia. E como de seguro tamén sabes, David Cal, unha das máis firmes apostas do deporte galego nestas Olimpiadas, será o abandeirado da delegación española na cerimonia, unha delegación que integran 294 deportistas, 167 homes e 127 mulleres. Cal convértese así, logo de que Gervasio Defeer lle cedese o posto, no primeiro galego e máis no primeiro piragüista que encabezará a expedición española nunhas Olimpiadas.

Mais David Cal encabeza tamén a nómina dos doce olímpicos galegos que competirán en Pequín. Unha ducia de campións, oito homes e catro mulleres, que representan ao mellor do noso deporte e que, na súa maior parte, son fortes candidatos a lograr unha ou varias medallas nas súas respectivas disciplinas. Queremos que os coñezas e que apostes por eles. .. Está en xogo unha Nintendo DS e máis outros agasallos.

David Cal 

A mecánica deste concurso é moi sinxela: propómosche unha porra, queremos que nos digas cáles destes deportistas lograrán unha ou varias medallas nos inminentes xogos. Non tes que adiviñar o número de medallas -xa que algúns destes deportistas compiten en máis dunha modalidade e polo tanto optan a máis dunha- nin concretar se será de ouro, de prata ou de bronce, só unha nómina de nomes (podes apostar por un, por dous, por tres, .... e así até por todos, mesmo por ningún). A única regra é a de toda porra que se preze: non se pode repetir aposta, é dicir, cada aposta ha de ser diferente á do resto dos concursantes.

Por suposto, no caso dos deportistas que compiten por parellas ou en equipos con outros deportistas españois, dase por sentado que se a parella ou o equipo gaña unha medalla, este ou esta deportista gaña unha medalla ... pero, ATENCIÓN, como os galegos Fernando Echávarri e Antón Paz competirán sempre xuntos en vela, os seus nomes han de ir sempre xuntos nas vosas quinielas coma se fosen un só, isto é, non é posible que un deles gañe unha medalla e o outro non ¿ok?  

O que acerte, levará unha Nintendo Ds, e se ningún ou ningunha de vós acerta coa nómina definitiva -agardamos que o máis nutrida posible- a desexada consola sortearase entre todos cantos participen. Amais, tamén imos sortear outros agasallos entre todos cantos nos den a súa nómina .... así que ¡xa estás tardando!: fagan as súas apostas nesta liña do FORO .

Iván Raña

Os doce olímpicos galegos son: Javier Gómez Noya, Iván Raña, David Gómez, David Cal, Teresa Portela, Carlos Pérez Peruco, Sonia Molanes, Fernando Echávarri-Antón Paz, Santi Pérez, Sandra Aguilar e Tamara Abalde.

Como ves, as grandes opcións do deporte galego residen en dúas disciplinas: piragüismo e triatlón. En ambas as dúas, os nosos deportistas acadaron importantes vitorias nos últimos anos. En triatlón, o gran rival a bater vai ser Javier Gómez Noya; Campión Mundial sub-23 en 2003, Campión de Europa en 2007 e 2008, Campión da Copa do Mundo en 2006 e 2008 e Premio Nacional do Deporte Galego 2006/07, o ferrolán foi tamén o elixido polos amigos e amigas de NovaXove como o mellor deportista galego 2006/07: o seu afán de superación e o seu empeño xunto aos seus numerosos galardóns nun deporte tan duro e á vez tan descoñecido, convertéronno no voso indiscutible favorito. Mais tampouco hai que esquecer a Iván Raña; o de Ordes foi o primeiro triatleta galego que conseguiu un Campionato do Mundo e máis competir nuns Xogos Olímpicos, e aos seus 29 anos Beijing 2008 é, probablemente, a súa última oportunidade para acadar unha medalla olímpica.

Santi Pérez

Pero Galicia destacará, sobre todo, nos deportes náuticos. Catro son os nomes que nos representarán no piragüismo: por unha banda, David Cal, medalla de ouro e a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 -nas categorías de 1.000 metros e 500 metros respectivamente- algo que non conseguira ningún outro deportista español con anterioridade, quen tentará repetir a fazaña logo de conseguir o pasaporte olímpico vencendo no Mundial de Duisburg; Teresa Portela e Sonia Molanes, pola súa banda, logo de clasificarse no Campionato de Europa, remarán xuntas an K-4 500 pero ademais Portela participará na proba de K-1 e Molanes en K-2 xunto a Beatriz Manchón; completa o equipo galego de piragüismo, despois de gañar a prata en K-2 500 xunto a Saúl Craviotto e en K-2 1000, Carlos Pérez Rial, que enfrontará en Pequín a súa segunda cita olímpica. Tamén en vela Galicia conta cun tándem campión, Fernando Echávarri e Antón Paz, segundos no ranking mundial  e unha das máis serias opcións ao podio tras imporse no Mundial de Portugal.

Xa no atletismo, o vigués Santi Pérez, repetirá nos 50 quilómetros marcha despois de clasificarse no oitavo posto en Atenas 2004, namentres que a luguesa Sandra Aguilar competirá en maratón logo de quedar terceira en Rotterdam, a primeira vez que partcicipaba nunha proba desta modalidade e na que obtivo a sexta mellor marca española de todos os tempos.

Tamara Abalde

En deportes de equipo, a ferrolá Tamara Abalde fará parte do combinado feminino de baloncesto, unha selección de luxo que capitanea Amaya Valdemoro.

O decatleta David Gómez é o duodécimo e último deportista galego que competirá nos Xogos Olímpicos. Proclamouse a pasada fin de semana Campión de España na súa especialidade pero sofreu para lograr o pasaporte: conseguiu a mínima B por moi pouco - a Federación Internacional pedía 7.700 e Gómez, que xa se proclamara Campión de España en 2004,  puntuou 7.736.       

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 04 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Deportes | Vídeo Destacado

Caixanova MotorShow 2008

RSS de deportes