|
Crónica do encontro Dépor-Barça que se disputou este sábado, enviada polo noso Reporteiro Nx en Riazor, Alberto González: <<O Deportivo, mellor equipo da segunda volta, conseguiu este sábado asentarse en postos europeos a costa dun descoñecido Barcelona. Frank Rijkaard, coa súa convocatoria, deu unha clara mostra do pouco que lle importaba este partido. Xavi, Messi e Etoo non viaxaron, mentres que Deco, Valdés ou Abidal quedaron no banquillo de suplentes. Así, non é de extrañar o que sucedeu no campo.
O Dépor empezou a dominar o encontro tras uns primeiros minutos de posesión blaugrana e xa non lle volveu perder a cara ó choque. O centro do campo formado por Juan Rodríguez e De Guzmán atopou dous socios inestimables: Lafita e Wilhelmsson. A movilidade destes dous xogadores desquiciou por completo a Puyol e Thuram, quen non foron capaces de paralos en ningún momento. As contras do Dépor levaron moitisimo perigo. As ocasións fóronse sucedendo para o cadro herculino con suma facilidade. Buscando ben os espacios e movendo a pelota con velocidade conseguíronse ata tres oportunidades claras de gol nas que Xisco, Juan Rodríguez e Lafita non souberon definir. Especialmente nun fallo de Pinto, quen nun balón por alto non acerta a atallar o esférico e a deixa morta na área pequena para que o dianteiro balear do Dépor estrellase o balón contra o travesaño. Mentres, o Barça, sen ningún dos seus centrocampistas creativos non foi capaz de hilar unha xogada elaborada con perigo, e perdía o balón con excesiva rapidez. Nembargantes o marcador non se moveu nos primeiros corenta e cinco minutos e se chegou ó descanso cun empate a cero que era un bo resultado para o cadro galego tendo en conta a entidade do equipo rival. A victoria do sábado enterrou por fin a pantasma do descenso. A segunda parte seguiu o mesmo guión que a primeira metade. O Barça non saiu decidido a polo partido como se esperaba e foi o Dépor quen acadou o primeiro gol do partido. Un bo pase de Wilhelmsson a un Manuel Pablo so na súa banda que deixa para Lafita dentro da área. O maño caracolea e deixa unha asistencia de luxo para que Juan Rodríguez empurre a placer. O estadio estallaba de xúbilo. Os xogadores tamén. O partido cambiou nese momento. A afición, un pouco anestesiada ata ese momento, meteuse de cheo no choque animando o seu equipo e silbando ó rival. Especialmente ós xogadores con pasado celeste. Vendo que a mente dos de Rikjaard estaba en Old Trafford, a victoria parecía xa asegurada.
Só había un equipo con ganas de victoria sobre o campo como quedou evidenciado no segundo gol local. Ver para crer. Unha falta sacada por Wilhelmsson ó segundo pau a cabecea Pablo Amo completamente libre de marca. Tan so estaba que pensou que anotara en posición ilegal e mirou ó línea durante varios segundos antes de celebrar o tanto. Márquez mentres tanto pedía fóra de xogo. Impresionante a falta de actitude. Un equipo como o Barcelona non debería arrastrarse así polos campos por moito que lle sobre o partido. Se non eliminan ó Manchester esta semana, o partido do sábado pode que sexa o que faga decidir a Laporta cambiar de míster para a próxima tempada.
O resultado do sábado, unido ós pinchazos de Sevilla, Racing, Español e Bilbao deixa a clasificación para postos europeos moi de cara (¿Quen o ía dicir?) A tres puntos da Uefa, co gol average a favor ante o Sevilla, e con dous puntos de vantaxe sobre os perseguidores para a Intertoto, o milagre está próximo a realizarse. Porque que ninguén o dubide: o que está a facer o Dépor na segunda volta é unha auténtico milagre.>> Texto: Alberto González Mosquera Fotos: Pablo Neira Fernández
|