| Consigue a túa entrada para un espectáculo único |
|
|
|
| Luns, 16 de Xuño do 2008 | |
|
Logo de esgotar en menos de dúas semanas os tickets para os shows de Madrid e Bilbao os pasados 18 e 19 de abril, e vender o aforo completo en diversas cidades coma Las Palmas (10.000 entradas), Tenerife, Badalona ou Zaragoza (máis de 12.000 entradas), o exitoso espectáculo de Loita Libre A Gran Noite do Pressing Catch aterrizará o vindeiro 20 de xullo na Praza de Touros de Pontevedra, dentro dunha nova e ampla xira exclusiva prevista para este verán. Se es Nx, ou sexa o/a titular dunha flamante tarxeta Nx, entras directamente no sorteo de dúas entradas dobres. Só tes que enviar a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
un correo electrónico co asunto 'Pressing Catch entrada Nx' e cos seguintes datos: nick, nome e apelidos, as catro últimas cifras da túa Tarxeta Nx, enderezo de correo postal (moi importante: é o enderezo no que recibirás as túas dúas entradas se resultas gañador/a do sorteo) e un teléfono de contacto (mellor se é un teléfono móbil). Se de todos xeitos ao final, c'est la vie, quedas sen entradas, lembra que podes mercar a túa no despacho de billetes electrónico de www.caixanova.com, a través de servinova (link accesible só con explorer) ou no 902 504 500 (venda telefónica). ![]() Aínda non están confirmados os nomes dos loitadores que acudirán á Praza de Touros de Pontevedra, ten en conta que por mor das lesións que tenden a sofrer non se adoita confirmar a identidade dos mesmos até que se achega a data do show. Con todo, é seguro que os seguidores gozarán dun espectáculo á altura das súas expectativas, con figuras de primeira calidade como as que presenta en todos os seus eventos a liga europea NWE (New Wrestling Evolution ). Os organizadores prometen unha cita inolvidable, chea de maxia e chispa, cunha escenografía do máis suxestiva, efectos especiais, fogos artificiais, música e moitísimas sorpresas ... en resumo: un auténtico espectáculo de wrestling americano nunca antes visto do que só se poderá gozar nesta exclusiva xira. ![]() Esta nova modalidade deportiva debe o seu éxito á orixinal combinación de varios tipos de disciplinas: música, danza, diversión, competitividade, indumentaria, efectos especiais e teatralidade. Os seus protagonistas, que irrompen no ring disfrazados de maneira sorprendente, emocionan e fan vibrar ao público con trucos particularmente eficaces para derrotar ao contrario ... ¿Vas deixar pasar algo así? Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 1215 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 20 de Xuño do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios





















