| Apúntate a unha tarde vibrante e chea de emocións |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Luns, 29 de Setembro do 2008 | |
|
Este sábado, 4 de outubro, celébrase no circuito de Supercross Dagan situado en Morgadanes (Gondomar) o SX Dagan08. O evento comezará ás 17:00 hs., e desenvolverase nun trazado que conta coas condicións perfectas para un gran espectáculo sobre dúas rodas. Ás carreiras de competición nas categorías Alevíns e Open, seguirá unha exhibición de Freestyle con tres dos mellores Riders do ámbito español: Jorge Bravo, Eugenio Zafra e Adrián Garrido.
Xa podes apuntar na túa axenda o que promete ser unha tarde vibrante e chea de emocións, porque Dagan Offroad -a empresa organizadora- e NovaXove sortean ¡10 entradas!, 5 entradas dobres, entre tod@s vós. O primeiro que tes que facer é demostrar que amas a velocidade e ser máis rápido que ninguén: envía un correo electrónico antes deste mércores (1 de outubro) a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
indicando no asunto SX Dagan 08 cos seguintes datos: nick, nome e apelidos, DNI, un enderezo de correo postal completo, enderezo de correo electrónico e teléfono móbil. ¡S rte! ![]() O circuito Dagan situado en Morgadanes (Gondomar) conta cun trazado espectacular, un reto continuo á gravidade e grandes doses de adrenalina grazas aos seus dubis, mesetas, escaleiras, dobres, triples, e como novidade, o primeiro túnel ubicado nun circuito de Supercross en Galicia. Trátase dun recinto impresionante, recentemente reformado, que xa acolleu numerosas probas deportivas, entre elas campionatos galegos de Supercross, dirt track ou a primeira carreira nocturna celebrada na provincia de Pontevedra, xa que dispón de 12000 W de luz así como expersores de rego para crear as mellores condicións. Aquí é onde se darán cita o vindeiro sábado, a partir das 17:00 hs., os pilotos que participarán nas carreiras das dúas únicas categorías, Alevín e Open, cuxo prazo de inscrición permanecerá aberto até o día 1 de outubro. Unha vez finalizada a competición, Jorge Bravo, Eugenio Zafra e Adrián Garrido, do Team Dagan Freestyle, ofrecerán unha extraordinaria exhibición de Freestyle. Estes tres Riders, primeiras figuras españolas da especialidade, xa participaron noutras probas deportivas organizadas por Dagan como os Freestyles celebrados en 2006 e 2007 na Praza de Touros de Pontevedra, eventos que foron todo un éxito. Dagan é unha empresa viguesa fundada en 1997 e especializada no off road. Dirixida tanto aos particulares como aos profesionais do sector, dispón de 500 m2 adicados á venda ao público onde se pode atopar unha ampla exposición de motos, recambios, accesorios e complementos. Conta ademais cunha marca propia así como cunha gran variedade de primeiras marcas a nivel mundial xunto a un importante stock de todos os modelos novos e usados do mercado. Estes produtos, antes de chegar ao cliente, son probados polos mellores pilotos de Dagan para comprobar a súa seguridade e efectividade. ![]() Freestyle Pontevedra 2007 ![]() Adrián Garrido ![]() Freestyle Pontevedra 2007 Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 218 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Luns, 29 de Setembro do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


















0 comentarios









rte! 












