close

Axenda Deportes

Ningún evento
A derrota máis doce PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alberto González   
Luns, 19 de Maio do 2008
Crónica do encontro Dépor-Villarreal que se disputou onte domingo, enviada polo noso Reporteiro Nx en Riazor, Alberto González: <<O R.C.Deportivo de La Coruña afrontaba onte pola tarde ante o Villareal o último partido dunha tempada extraordinaria en todos os seus significados. Despois dunha primeira volta para o olvido chegaba á última cita xogándose a clasificación para a Intertoto contra o Athletic de Bilbao nun día que o clube decidiu chamar "O día da canteira".

A tarde empezaba ben: O Fabril gañaba o seu partido e conseguía clasificarse para disputar os play-offs de ascenso a Segunda División. Todo un logro para un equipo recén ascendido e que comenzou a tempada pensando exclusivamente na permanencia.  

Image

Lafita nunha internada por banda.

 

O Villarreal, que non se xogaba nada, presentábase sen varios dos seus titulares e, nembargantas, foron os amarelos quen dominaron durante prácticamente toda a primeira parte. O Dépor non acababa de espertar e as ocasións amarelas, aínda que non moi claras, sucedíanse con continuidade. Por parte dos locais só un cabezazo de Wilhelmsson a centro de Manuel Pablo que saíu por riba da meta defendida por Diego López. Así foi como preto do descanso Matías Fernández, con tempo de pensar, mandou un balón axustado ó pau do porteiro que Aouate non acertou a cubrir. 0-1 e a esperar un favor do Sevilla. A xente con radio empezou a ser asediada en busca de noticias. O Sevilla ía gañando. Tranquilidade.

Durante o descanso seguiu a festa. Os equipos xuvenís do Deportivo saíron ó campo para recibir a ovación do público mentres soaba We are the champions. Non semellaba que o Dépor se estivera xogando a Intertoto e fose perdendo. A xente estaba alegre, entusiasmada…quizáis porque só pensar no Zaragoza recordaba o preto que estivemos de vivir a súa situación. 

 

Image

 Wilhelmsson no chan tras unha falta do Villarreal.

 

O segundo tempo foi totalmente distinto ó primeiro. Foron os branquiazuis os que saíron a por todas, dominando en todas as liñas. O asedio sobre a portería visitante foi continuo, pero a pólvora estaba mollada. Moi reclamado un penalti sobre Lafita que o árbitro non viu, e o partido foise calentando en demasía. Varias entradas a destempo e pérdidas de tempo por parte do Submarino enfadou á afición deportivista.

Os cambios introducidos por Lotina non conseguiron mellorar a efectividade deportivista e non se viu outro gol ata o desconto. Desgraciadamente foi Guille Franco quen o anotou pero xa daba igual. Podíanse oír dende Maratón ós blues cantando os goles do Sevilla. O Dépor clasificabase para a Intertoto dende onde buscará o camiño para entrar na Copa da UEFA.

 

Image
 
Pablo Amo loita un balón.
 
 
A xente abandonou o estadio tras aplaudir ó seu equipo, pensando xa no próximo exercicio que comenzará en xullo. ¿Quedarán Lafita, Filipe e Wilhelmsson? ¿Chegará ese dianteiro desexado por todos? ¿Haberá que vender a xogadores importantes?  En calqueira caso, dende aquí hai que destacar unha vez máis a actitude demostrada por toda a plantilla todo o ano e, sobre todo, os resultados colleitados curiosamente dende que se abriu en NovaXove está sección. Un feliz final de tempada para a parroquia branquiazul. Esperemos que agora sexa a selección española quen nos dé tantas alegrías na Eurocopa como as que nos deu o noso equipo nesta segunda volta.>>
 
 
Texto: Alberto González Mosquera
Fotos: Pablo Neira Fernández 

 
 

 

 

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 19 de Maio do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Deportes | Vídeo Destacado

RSS de deportes