Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Deportes

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 36 '
  • webmaster : olá de novo a todos e todas e todes
  • samhain : que aproveche
  • samhain : ciao master
  • webmaster : bueno, hasta luego... que también me enstá entrando la jambre !!
  • samhain : Smile
  • samhain : alguna entrada que otra para el depor me tiene tocado
  • webmaster : gracias wink
  • webmaster : juer, y eso que aún no te hemos regalado nada:D Smile
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
(?)
365 días de esquí PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Iria   
Luns, 26 de Maio do 2008
¿Imaxínaste poder esquiar todo o ano, sen necesidade de estar pendente da época na que te atopes? En Francia, Alemaña, Estados Unidos e Inglaterra xa o fan gracias o Snowflex, pistas de neve artifical que permiten ós amantes deste deporte practicalo sen límites. O éxito acadado nestes países estase a extender ó resto de Europa, incluída España, onde un estudio coruñés, Arquitectura Naos, foi o encargado de realizar o proxecto que estará ubicado en Tordesillas (Valladolid) e ven acompañado pola polémica, debido a un recurso de Ecoloxistas en Acción, que tén as obras paralizadas.
 
 
 
O Snowflex foi creado en 1966 en Inglaterra por Brian Thomas.  Trátase dun material cuxa base está formada por unha serie de capas: a primeira é unha fibra sintética que simula o efecto da neve e está composta por filamentos individuais; a segunda é un acolchado para frear os impactos e suavizar as aterrizaxes en saltos. Este material tamén incorpora unha membrana anticaídas Image. Todo isto permite que os esquiadores se deslicen coas súas táboas como o fan nas pistas de esquí tradicionais. A empresa británica encargada da súa fabricación, Briton Engineering Developments Limited, segue estrictos controis de seguridade non só para ofrecer o máximo realismo, senón tamén a maior seguridade nestes complexos que, cada vez máis, se convirten nunha boa forma de practicar ou mellorar neste deporte. Moitos, ademáis, o consideran unha boa alternativa ás pistas de neve reais, nestes tempos que tanto se fala do cambio climático.
 
 
Alemaña, Francia e Estados Unidos xa hai tempo que importaron estas pistas. En España, ata o momento, só se podía practicar o esquí en interior na pista cuberta do Parque de Neve situado no centro comercial Xanadú, en Madrid, que posúe 18.000 metros de superficie cuberta. Agora chega o proxecto Meseta Ski de Valladolid. As instalacións estarán ubicada en Villavieja del Cerro, municipio de Tordesillas e formarán parte dun complexo no que se haberá unha pista de esquí en seco de 225 metros de longo por 25 de ancho; unha pista para principiantes, de 40 metros de longo por 20 de ancho, pista de patinaxe sobre xeo e snowboard, un edificio de 800 metros con cafeterías, restaurantes, terraza, tenda de venda de artículos deportivos e aparcadoiro. A inversión realizada na construcción deste complexo foi de 4,7 millóns de euros.
 
Image  A inauguración da pista de Tordesillas estaba prevista para octubre deste ano e, aínda que as obras están prácticamente terminadas, a data tivo que ser postposta. En 1998 en Villanueva del Cerro produciuse un incendio. Tras varios anos sen edificar, os responsables cederon o terreo para as obras. Nembargantes, Ecoloxistas en Acción interpuxo un recurso alegando que a lei prohíbe o uso do chan foresta en 30 anos cando se produciu un desastre natural deste tipo.
 
Á espera de que se resolva o conflicto, os esquiadores tamén manteñen posturas diversas sobre a práctica do seu deporte nestas pistas artificiais, xa que moitos alegan que non é comparable o que se sinte ó practicar o esquí nunha montaña e nun complexo feito cun material artificial. Polo momento haberá que agardar un tempo para sabelo.
 
 
Máis información sobre o Snowflex e a pista de Tordesillas en:
-a páxina web de Meseta Ski.

 
 
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 26 de Maio do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Deportes | Vídeo Destacado

Caixanova MotorShow 2008

RSS de deportes