| Vigo será a capital do tenis feminino |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Mércores, 23 de Xullo do 2008 | |
![]() Do 26 de Xullo ao 3 de Agosto de 2008 o Complexo Municipal Deportivo de Samil en Vigo, será o escenario da VII edición do Torneo Internacional de Tenis Feminino 'Cidade de Vigo' - III Copa Caixanova, onde se vai poder gozar dun tenis de alto nivel e coñecer ás mulleres que a volta duns anos serán as grandes figuras mundiais deste deporte.
Este torneo conta cunha dotación económica de $25.000 e está incluído no calendario internacional Tennis Europe e na ITF. Ademais é puntuable para o ranking mundial da WTA. Participarán un total de 96 xogadoras (64 no cadro da fase previa e 32 no cadro da fase final) procedentes de Francia, Rumanía, Portugal, Rusia, Polonia, Tailandia, Turquía, Canadá, Australia, Gran Bretaña, Brasil, Italia, Suiza ... etc. Entre os obxectivos do torneo figuran a aposta pola promoción do deporte feminino e o apoio ás xogadoras españolas e galegas con wild cards. A sinatura das xogadoras será o venres, 25 de xullo. A primeira quenda da fase previa dará comezo o sábado, 26 de xullo. A fase final comezará o martes, 29 de xullo. As finais serán o sábado, 2 de agosto para as parellas e o domingo, 3 de agosto a final de individual. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 100 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 23 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























