|
Uns Xogos históricos para o deporte galego |
|
|
|
|
Escrito por redacción
|
|
Luns, 25 de Agosto do 2008 |
|
O ouro de Fernando Echávarri e Antón Paz na Clase Tornado de vela, abría o pasado día 21 o medalleiro galego, que volve máis cheo que nunca duns Xogos Olímpicos: dous ouros, dúas pratas e cinco diplomas olímpicos.
O día 22, David Cal facíase coa prata no C-1 1000 metros, unha xesta que repetiría un día máis tarde sobre a distancia de 500 metros. A sorpresa, e a última das catro medallas galegas, viría da man da parella formada polo galego Carlos Pérez Rial 'Perucho' e máis o catalán Saúl Cravioto que lograron a medalla de ouro este sábado en k-2 500 impoñéndose á parella alemá, que levaba sete anos sen coñecer a derrota.
Javier Gómez Noya e Iván Raña no triatlón, Tamara Abalde en baloncesto así como Teresa Portela e Sonia Molanes no K-4 500 metros, redondeaban a boa actuación do deporte galego con cinco diplomas olímpicos. Así, Galicia convértese nunha das comunidades que máis metais aportou ao medalleiro español, que xuntou un total de dezaoito, achegando ademais case a metade dos ouros (dous de cinco).
|
|
Última actualización ( Luns, 25 de Agosto do 2008 )
|