| Preséntase o novo equipo ciclista galego, o Xacobeo Galicia |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Mércores, 27 de Agosto do 2008 | |
![]() Esta fin de semana o equipo ciclista profesional galego pechou o primeiro capítulo da súa historia ao competir por última vez baixo a denominación Karpin Galicia. Onte á mañá presentábase en Santiago o equipo Xacobeo Galicia así como os nove corredores elixidos para participar na súa estrea, a Volta a España, que arrincará este sábado: Ezequiel Mosquera, David García, Gustavo César Veloso, Gustavo Domínguez, Serafín Martínez, Eduard Vorganov, Ibn Mayoz, Carlos Castaño e David Herrero, que estiveron acompañados no acto polos directores deportivos Álvaro Pino e José Ángel Vidal.
Así, o Xacobeo convértese no patrocinador principal do equipo para a tempada 2008, se ben o Conselleiro de Industria, que estivo presente no acto xunto á titular de Cultura e Deporte, espera que a colaboración continúe alomenos hasta o ano 2010 para promocionar o Ano Santo. Xunto á cita estatal, o novo Xacobeo tamén estará disputando a Volta a Irlanda e a Volta a Chihuahua, unha proba que se celebrará en México o vindeiro mes de outubro. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 152 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 27 de Agosto do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|






















