| Ourense acollerá o Campionato Europeo de Piragüismo Freestyle |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Sábado, 19 de Xullo do 2008 | |
![]() As Federacións Galega e Española de Piragüismo elixiron por segundo ano consecutivo á cidade de Ourense coma sede dun novo Campionato Europeo, neste caso de Freestyle. A competición vaise desenvolver no río Miño, baixo a ponte do Milenio, entre o 23 e o 26 de xullo.
En Ourense estarán presentes os representantes europeos máis importantes desta especialidade, pois está confirmada a asistencia dun total de 180 deportistas da República Checa, Francia, Inglaterra, Eslovaquia, Austria, Alemaña, Irlanda, Suecia, Finlandia, Polonia, Suiza, Portugal, Holanda, Andorra e España. Os adestramentos oficiais van ter lugar o luns, 21 de xullo, e o martes, 22 de xullo, de 09:00 hs. a 14:00 hs. A modalidade de estilo libre en piragüismo non é moi coñecida en España, pois comezou a practicarse hai uns sete anos. A nivel mundial, este deporte practícase nuns 50 países, sendo potencias Estados Unidos e Canadá, entre outras. O piragüismo de estilo libre é unha modalidade convidada nos vindeiros Xogos Olímpicos de Pequín e segundo o presidente da Federación Española de Piragüismo, é posible que pase a ser olímpica nos próximos xogos. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 87 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 18 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























