Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Deportes

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 1 '
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
  • webmaster : bueno, si tienes dudas, ya sabes donde "mancontro"
  • samhain : ya he estado curioseando para crearlo
  • webmaster : oks !!
  • samhain : pero en breve
  • samhain : aún no
  • webmaster : ¿has probado el nuevo webmail?
  • webmaster : shamain, ¿tienes cuenta de mail NX?
  • webmaster : chao, eleme wink
(?)
O Valencia arrasa ó Dépor PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Luns, 29 de Setembro do 2008
Image
 
Mestalla gozou onte do bo fútbol do Valencia que marcou catro goles a un Deportivo que comezou dominando e acabou perdéndose no campo. Os galegos saltaron ó céspede controlando o partido, e os dez minutos chegaba a súa primeira oportunidade. Pablo Álvarez recolle o balón e envía un centro que é desviado polo valencianista Moretti, para que o coiro se cole na súa propia portería. Tras o gol, as oportunidades para os de Lotina seguían chegando. Pero o Valencia soubo aproveitar un erro defensivo e Mata igualou o encontro. A partir dese instante o ritmo do partido cambiou.
 
Logo do descanso, foi o Valencia o que dominou a segunda parte de principio a fin e, ó pouco tempo, Villa cóase pola banda esquerda, noutro erro defensivo dos visitantes e bate a Aranzubia, adiantando ó Valencia no marcador. Ante esta situación, Lotina deu entrada a Omar Bravo e Lafita. Pero os cambios non daban resultado e chegou o terceiro tanto do Valencia, obra de Joaquín. O partido estaba en mans valencianistas e no minuto 81, chegou o segundo tanto de Villa, que colocaba o marcador nun 4 a 1. Tres minutos despois, Lafita marcaba para o Deportivo o segundo gol, que non servía senón para por o resultado definitivo no marcador.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 29 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Deportes | Vídeo Destacado

Caixanova MotorShow 2008

RSS de deportes