Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Deportes

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 20 '
  • webmaster : olá de novo a todos e todas e todes
  • samhain : que aproveche
  • samhain : ciao master
  • webmaster : bueno, hasta luego... que también me enstá entrando la jambre !!
  • samhain : Smile
  • samhain : alguna entrada que otra para el depor me tiene tocado
  • webmaster : gracias wink
  • webmaster : juer, y eso que aún no te hemos regalado nada:D Smile
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
(?)
O Dépor frea diante do Mallorca PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Iria   
Luns, 22 de Setembro do 2008
 
Image
 
Despois da derrota sufrida na primeira xornada da copa da UEFA diante do Brann noruego, o Deportivo saíu onte ao céspede de Riazor ávido de gol diante do Mallorca. Así o demostrou dende os primeiros minutos, cun remate de cabeza de Joan Verdú no minuto 2. Pero os baleares non quedaron quedos e axiña o balón paseou diante da portería de Aranzubia logo dun saque de esquina que o Mallorca non soubo aproveitar. Ambos os dous equipos creaban continuas ocasións de perigo sen desfacer o empate.

Logo do descanso, os branquiazuis asumian a iniciativa e volvían a dar os primeiros sustos, esta vez cun tiro de Guardado que despexou o porteiro do Mallorca. Foi nesta segunda metade do partido, cando o colexiado se converteu no protagonista, primeiro ao expulsar a Omar Bravo logo dunha entrada ao cancerbeiro balear, despois sacando tarxetas amarelas a manchea e rematando coa expulsión do xogador do Mallorca, Nunes. Con dez xogadores en ambos os dous equipos, foi o Deportivo o que puido sentenciar mais finalmente o encontro acabou cun empate a cero.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 22 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Deportes | Vídeo Destacado

Caixanova MotorShow 2008

RSS de deportes