|
O compostelán David Blanco gaña a Volta a Portugal |
|
|
|
|
Escrito por redacción
|
|
Luns, 25 de Agosto do 2008 |
|
O corredor galego David Blanco (do Palmeiras Resort Tavira) gañou a 70 edición da Volta a Portugal que rematou esta fin de semana no país veciño.
O ciclista compostelán fíxose co triunfo na derradeira etapa, unha contrareloxo entre as localidades de Penafiel e Felgueiras, un percorrido de 31,2 quilómetros con final no alto do monte Santa Quiteria. Blanco realizou o traxecto en 43 minutos e 31 segundos, para conquistar, por segunda vez na súa carreira, a vitoria na Volta portuguesa.
|
|
Última actualización ( Luns, 25 de Agosto do 2008 )
|