Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Deportes

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 3 h, 28 '
  • webmaster : ola, boss días a tós e toas grin
  • NX_Iria : buenos días
  • nx.paco : bos días
  • *guest_285 : esto é un escandalo Pereira
  • webmaster : weno, ímonos, nonsi?
  • webmaster : Serxiño.... ¿estas ahí?
  • webmaster : e dicir.... donde casca o rexistro?
  • webmaster : ¿cal e o problema xactamente?
  • webmaster : ola, Serxiño
  • *SERXIÑO : Estoume rexistrando e non podo
(?)
O Celta organiza un concurso de vídeos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por redacción   
Martes, 26 de Agosto do 2008
 
Image
 
O Real Club Celta de Vigo presentou o concurso de vídeo Abónate xa, que busca a participación activa dos afeccionados e que fai parte da Campaña de Abonados 2008/09. Para concursar hai que gravar un vídeo de até corenta segundos co que se anime aos afeccionados a facerse socios.

Os vídeos pódense remitir ao enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver xunto cos datos persoais do autor e a información sobre o vídeo (título, duración, explicación…); o arquivo pode pesar como máximo uns 10 megas e aconséllase envialo en formato avi. O tipo de creación audiovisual é libre, é dicir, poderase realizar dende un monólogo até unha curtametraxe, pasando por un anuncio publicitario o un sketch cómico; o único límite é a imaxinación de cada concursante.

Tamén se habilitará unha sección na páxina oficial do club para que os usuarios poidan visualizar os vídeos a concurso e votar os seus favoritos. De entre os cinco vídeos con maior número de votos, un xurado integrado por membros de distintas áreas do club seleccionará os tres mellores. O vencedor poderá ver o seu vídeo na portada da web oficial e nos videomarcadores de Balaidos, ademais de recibir unha camisola do equipo asinada pola primeira plantilla e de ser entrevistado polo Gabinete de Prensa do Celta.

Para o segundo e terceiro posto tamén haberá premios xa que, ademais de emitir os seus vídeos na web oficial despois do concurso, recibirán un balón asinado polos xogadores do primeiro equipo e  máis tres convites para partidos de Liga respectivamente. O prazo de participación péchase o 15 de setembro de 2008.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Martes, 26 de Agosto do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Deportes | Vídeo Destacado

Caixanova MotorShow 2008

RSS de deportes