Nx é Best Of Joomla
close

Axenda Deportes

Ningún evento
Ultimo mensaxe fai: 44 '
  • samhain : que aproveche
  • samhain : ciao master
  • webmaster : bueno, hasta luego... que también me enstá entrando la jambre !!
  • samhain : Smile
  • samhain : alguna entrada que otra para el depor me tiene tocado
  • webmaster : gracias wink
  • webmaster : juer, y eso que aún no te hemos regalado nada:D Smile
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
  • webmaster : bueno, si tienes dudas, ya sabes donde "mancontro"
(?)
O Celta acada o seu primeiro punto PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Iria   
Luns, 22 de Setembro do 2008
 
Image
 
Logo de catro xornadas, o Celta acadou o seu primeiro punto en Liga diante do Eibar en Ipurúa. O plantexamento de Pepe Murcia, con novas incorporacións no once titular coma Fajardo, Jonathan Villa e Juan Manuel Peña, deixaba ver as intencións do técnico celeste de saír a por todas. O encontro comezou forte, con ritmo, cun Celta que se deixaba ver na área rival, dando os primeiros sustos. O Eibar tentaba conter os ataques dos vigueses, ao tempo que procuraba chegar a área visitante, algo que non conseguiu até case o minuto 20. A falta de acerto amolaba ao Eibar que buscaba as faltas incansablemente na fronte da área. Co empate no marcador, chegábase ao descanso.

Na reanudación do partido, os celestes foron os que tiveron as primeiras oportunidades de desnivelar o resultado, sen embargo e ao pouco tempo, o Eibar comezou a presionar, procurando o erro do equipo visitante. Eran momentos duros para o Celta, que se vía acosado. Finalmente, os de Pepe Murcia recuperaron o control do encontro preto do final, aínda que só lles serviu para rascar un punto do empate a cero.
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 22 de Setembro do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

Deportes | Vídeo Destacado

Caixanova MotorShow 2008

RSS de deportes