| Nike organiza este domingo unha carreira sen precedentes |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Mércores, 27 de Agosto do 2008 | |
|
Nike organiza Nike+Human Race, o evento de correr máis grande do mundo realizado nun mesmo día, onde poderán competir simultaneamente corredores de todo o mundo. O evento consistirá en 25 carreiras de 10 Km. que se celebrarán este domingo en varios continentes, cubrindo 25 cidades de diferentes países coma Bos Aires, Bogotá, Caracas, Cidade de México, Estambul, Lima, Los Ángeles, Londres, Madrid, Melbourne, Nova Iorq, Paris, Quito, Shangai, Sao Paulo ou Vancouver entre outras. Ao finalizar cada carreira, terán lugar diversos concertos con artistas nacionais e internacionais de renome.
Nike+Human Race aspira a xuntar a un millón de corredores en todo o planeta. Abrirá a xornada a carreira de Taipei, e vaina pechar a de Los Ángeles. Ademais, Nike organizará outras moitas actividades nas diferentes cidades, para as que contará coa presenza de importantes atletas internacionais coma o sete veces campión do Tour de Francia, Lance Amstrong, ou a actual campiona da Maratón de Nova Iorq, Paula Radcliffe, entre outros. Ademais, Nike ofrece a posibilidade de participar na carreira aos que non se atopen en ningunha destas vinte e cinco cidades empregando a tecnoloxía Nike+, que lles permitirá sincronizar en Nikeplus os quilómetros corridos usando o seu calzado con capacidade Nike+ xunto co seu iPod Nano ou o seu Nike+SportBand. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 106 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Mércores, 27 de Agosto do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|





















