|
Iván Raña, sexto na Copa do Mundo de Hamburgo |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
Luns, 07 de Xullo do 2008 |
|
O galego Iván Raña quedou sexto na proba da Copa do Mundo desputada esta fin de semana en Hamburgo, na que se impuxo por segundo ano consecutivo o alemán Daniel Unger. Raña aguantou cos mellores ata o kilómetro catro da carreira a pé e concluiu a natación no posto 11, a 23 segundos de Ivan Vasiliev, o primeiro triatleta que saiu da auga. No arranque da parte ciclista, formouse un grupo de cabeza de 13 unidades no que se meteu o galego. Na clasificación xeral da Copa do Mundo, a falta de cinco probas, Gómez Noya mantén o liderato e Iván Raña está no posto 19.
|
|
Última actualización ( Luns, 07 de Xullo do 2008 )
|