Nx é Best Of Joomla
Ultimo mensaxe fai: 51 '
  • samhain : que aproveche
  • samhain : ciao master
  • webmaster : bueno, hasta luego... que también me enstá entrando la jambre !!
  • samhain : Smile
  • samhain : alguna entrada que otra para el depor me tiene tocado
  • webmaster : gracias wink
  • webmaster : juer, y eso que aún no te hemos regalado nada:D Smile
  • samhain : claro master wink, que siempre es un placer charlar ocn la gente de nx
  • webmaster : Smile
  • webmaster : bueno, si tienes dudas, ya sabes donde "mancontro"
(?)
Deportes Noticias
O Atlético abate ó Dépor PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redaccion   
Luns, 17 de Novembro do 2008
Image
 
Un Deportivo desdibullado, sen defensa e sen dianteira paseouse onte polo Vicente Calderón no partido que o enfrentou ó Atlético de Madrid e no que encaixo catro goles. Os madrileños sairon ó campo atacando, mentres os de Lotina trataban de cerrar ocos e facerse coa posesión do balón. Nembargantes, un fallo defensivo inclinou a balanza cara os locais. Tras un saque de esquina, Heitinga remata colando o balón entre os tres paus. Nese momento, o choque acelerouse, e ambos equipos turnábanse o coiro creando certo perigo.

Así chegóuse ó descanso e tras a reanudación, as imprecisións no centro do campo serviron para que os de  Aguirre marcaran o segundo tanto. Lopo pasa mal a Piscu e o balón colleo Forlán, quen bate a Aranzubia. Era o principio da segunda metade, e o Dépor desapareceu do campo, o que lle valeu encaixar dous tantos máis. Só ó final do encontro, coa entrada de Valerón no campo, os galegos mostraron algo de coraxe. De feito, foi o canario quen facilitó un pase a Filipe, que convirtiu no único gol dos visitantes. Finalmente, un 4-1 que alonxa ó Deportivo da UEFA.
Última actualización ( Luns, 17 de Novembro do 2008 )
 
O Celta regresa ó empate PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redaccion   
Luns, 17 de Novembro do 2008
Image
 
Un novo empate foi o resultado que conseguiu onte o Celta ante o Rayo Vallecano. De novo, os galegos foron quen levaron a voz cantante, pero non conseguiron sentenciar, desaproveitando as oportunidades.  Ghilas, Óscar Díaz e Perera foron quen tiveron as mellores oportunidades para gañar a un Rayo previsible, sen forza na defensa e sen pegada na dianteira. A primeira parte estivo carente de emoción. Ó igual que a segunda.
 
A pesar dos cambios no Rayo e no Celta, o encontro seguiu cos visitantes dominado o balón, pero sen marcar. A insistencia puido ter a súa recompensa nun rexeite que foi cabeceado por Rubén, pero non consiguiu sentenciar. Finalmente 0-0 para os celestes, que non consiguen pasar das dúas victorias consecutivas.
Última actualización ( Luns, 17 de Novembro do 2008 )
 
Novas victorias para o taekwondo galego PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redaccion   
Luns, 17 de Novembro do 2008
Image
 
Galicia segue a colleitar éxitos no taekwondo. Esta fin de semana, a Selección Galega de Exhibición gañou o Campionato de España en infantís e ocupou o segundo posto co equipo B no torneo que tivo lugar en Alicante. Ademáis, a selección galega que competiu no Open de Croacia regresou a Galicia con dúas medallas.
 
Última actualización ( Luns, 17 de Novembro do 2008 )
 
O Dépor chega a postos europeos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Luns, 10 de Novembro do 2008
Image
 
O Deportivo consiguiu onte en Riazor unha axustada vitoria ante o Espanyol, que os sitúa na sexta posición.  A solidez defensiva e o acerto en ataque foron os elementos que levaron ós locais a dominar o encontro disputado onte ante o equipo barcelonés, que pouco puido facer salvo parar as acometidas dos de Lotina. O ataque constante tivo a súa recompensa co tanto marcado por Guardado, un tiro a esquerda forte e ben colocado que colleu desprevenido a Kameni e que serviu para firmar a segunda vitoria consecutiva dos branquiazuis.
 
O Espanyol tamén gozou de varias oportunidades, pero un Aranzubia acertado evitou que as escasas chegadas dos visitantes acabasen en gol.  Durante a segunda metade do choque a tónica do partido foi a mesma. Presión por parte do Deportivo e algún ataque espanyolista. Ó final, 1-0 para os galegos que se atopan en postos europeos.
Última actualización ( Luns, 10 de Novembro do 2008 )
 
O Celta segue coa boa racha PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Redacción   
Luns, 10 de Novembro do 2008
Image
 
Xa nos últimos encontros o Celta comezaba a lavar  a súa imaxe cunha longa racha de empates. A semana pasada conseguiu unha vitoria e onte demostrou que non foi cousa de sorte, tras meterlle catro goles ó Córdoba, nun partido cheo de emoción.  Os visitantes non tardaron moito en dar os primeiros avisos e así, ó pouco do comenzo, os celestes abrían a conta de goles, cun tanto en propia porta do cordobés Ceballos. Pero o Córdoba recuperouse do golpe e puxo as táboas no marcador grazas a un cabezazo de Gastón Casas. O partido estaba igualado, ata que Katxorro lesionouse. O cambio tardou 10 minutos en facerse, o que permitiu ós celestes xogar en superioridade numérica e voltar a adiantarse no marcador.
 
Pouco despois e xa con once xogadores, o Córdoba, mediante Asen, marcaba o segundo tanto. O partido era rápido, con ocasións e goles para ambos equipos e así o Celta volveuse a adiantar no marcador. Os locais presionaban, ata que o árbitro expulsou a Crisitian Álvarez a 15 minutos do final, o que os visitantes aproveitaron para sentenciar o encontro cun 2-4 que parecía definitivo. Nembargantes, os cordobeses non se deron por vencidos e Yordi marcou o 3-4, pero finalmente os tres puntos foron para os celestes.
Última actualización ( Luns, 10 de Novembro do 2008 )
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 213

Deportes | Vídeo Destacado

Caixanova MotorShow 2008

RSS de deportes