|
Bruno García e Estefanía Hernández, Subcampións do Mundo Universitarios |
|
|
|
|
Escrito por redacción
|
|
Luns, 21 de Xullo do 2008 |
|
Os galegos Bruno García Fernández, do clube Taekwondo Cedeira, e Estefanía Hernández García, do clube Natural Sport Ribeira, desprazáronse esta fin de semana a Belgrado para competir no Campionato do Mundo Universitario, onde conquistaron os títulos de Subcampións do Mundo Universitarios ao conseguir ambos os dous a medalla de prata.
Estefanía Hernández, que competía en -59kg, conquistou a medalla de prata tras vencer a Canadá, Serbia e Holanda. Na final perdeu ante a competidora china Pei-Hua Tseng. Por la súa banda, Bruno García, que competía en -62kg, tamén colgou a prata logo de vencer a Kazajistan na primeira quenda, a USA na segunda, e derrotar ao representante francés no primeiro asalto cunha diferencia de sete puntos (8-1) para chegar á final na que competiu co coreano Chan, co que finalmente tivo que dobregarse.
|
|
Última actualización ( Luns, 21 de Xullo do 2008 )
|