| Arrinca o Circuito Galiza Sport Zone |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Venres, 18 de Xullo do 2008 | |
![]() A primeira proba do Circuito Galiza Sport Zone nas modalidades de Surf e Bodyboard vaise celebrar esta fin de semana na praia de Doniños (Ferrol). A competición, aberta a todas as idades, comezará hoxe mesmo coa participación dos máis pequenos, mentres que o sábado e máis o domingo participarán os adultos. Os deportistas que se clasifiquen nos catro primeiros postos recibirán vales agasallo por valor de 500, 400, 300 e 200 euros por categoría. Máis de cincuenta surfistas de toda Galicia formalizaron xa a súa inscrición, mais os que aínda non o fixeron poden apuntarse no campionato a través dos enderezos electrónicos Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver e www.fgsruf.com. Paralelamente á celebración do campionato ofreceranse cursos gratuitos impartidos por monitores do Club Grosso, organizadores do evento deportivo en colaboración coa cadea Sport Zone, exposicións de material e sorteo de agasallos. Na presentación do evento, que tivo lugar onte, o presidente da Federación Española de Surf destacou as boas condicións que reúne o litoral ferrolán para a práctica do surf, un dos motivos, explicou Carlos García, polo que a sede da Federación Española se ubica na cidade naval.
Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 125 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Venres, 18 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























