| Achégase a XXI edición do Pantín Classic, a gran cita co surf |
|
|
|
| Escrito por redacción | |
| Xoves, 28 de Agosto do 2008 | |
![]() A XXI Movistar O´Neill Pantin Classic, a gran cita co surf no areal de Pantín (Valdoviño), vaise desenvolver entre o 2 e o 7 de setembro repartindo máis de 110.000 dólares en premios. Por primeira vez profesionalízase a súa organización, ao acadar unha estrela máis, o que atraerá aos mellores surfistas do mundo.
Así, poderán verse nas ondas da praia de Pantín unha das participacións máis espectaculares dos últimos anos, con nomes coma Mick Campbell, Shaun Cansdell ou Gabe Kling, que completan o trío de favoritos. A eles uniranse o estadounidense Patrick Gadauscas e o hawaiano Sunny García. Entre os nacionais estarán Gony Zubizarreta, Hodei Collazo e Txaber Trojaola e os surfistas locais convidados pola organización Luis Rodríguez e Daniel Bermúdez “Wasi”. Paralelamente á competición, vaise desenvolver un amplo programa de actividades que incluirá o Clinic de Surf Tech, onde se porán a disposición do público 35 táboas de última tecnoloxía, a Estrella Galicia Expression Sesion, o concerto de Pinnacle, unha exhibición de cans adestrados para servir a persoas con discapacidade, unha exhibición de mushing e até unha mostra fotográfica sobre o Pantín Classic 2007, obra do artista local Eloy Taboada. Así mesmo, a cita deste ano servirá para render unha homenaxe póstuma a José Serantes Picallo “Negrai”, que durante moitos anos formou parte da organización da proba e que falecía hai uns meses practicando snowboard, outra das súas paixóns xunto co surf. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 118 Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Xoves, 28 de Agosto do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|






















