| A TVG merca os dereitos da Champions |
|
|
|
| Luns, 14 de Xullo do 2008 | |
![]() O concurso polos dereitos da UEFA Champions League para as tempadas 2009/2012, pechouse coa adxudicación aos operadores públicos da emisión en aberto dos mellores encontros dos martes e mércores, incluída a Final e a Supercopa.
A Champions, a competición por clubs máis importante e prestixiosa do mundo, na que a partir da próxima tempada teñen garantida a súa participación os tres primeiros clasificados da Liga Española, ademais dun cuarto clasificado que poderá acceder tras a fase previa, difundirase en Galicia a través da TVG. Este acordo permitiralle á Galega retransmitir os 16 mellores encontros que se disputen os mércores; a Final da competición emitirase de forma simultánea por TVG e TVE, e a Supercopa poderase ver, en exclusiva, a través da canle autonómica galega. Ademais das retransmisións en directo, a Galega adquiriu os dereitos para realizar completos programas resume da competición, co mellor da actuación de todos os equipos españois; poderá elaborar un programa-magazine para difundir a competición en calquera das súas canles, e terá a posibilidade de explotar os seus contidos noutros soportes como a telefonía móbil. Favorito Bookmark Enviar a... Visitas: 262 Comentarios (1)
![]() Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.
|
|
| Última actualización ( Luns, 14 de Xullo do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























