A galega María Pérez logra a prata na Copa do Mundo de Piragüismo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 de Xullo do 2008
 
Image
 
A deportista de Catoira, María Pérez Piñeiro, e a súa compañeira de K-2, a vasca Naiara Gómez, conseguiron este sábado a medalla de prata na Copa do Mundo de Piragüismo que se celebrou na localidade portuguesa de Crestuma.

María Pérez e Naiara Gómez só se viron superadas polas húngaras Vivien Folláth e Judit Kollár, das que quedaron a pouco máis de dous minutos.

Tamén subiu ao podio o grovense Cristian Rivademar, que fixo parella co vasco Beñat Aritmendi no C-2 sénior. A parella Rivademar-Aritmendi logrou a medalla de bronce logo de verse superados polos húngaros Edvin Csabai e Attila Györe, que se fixeron coa medalla de ouro, e os portugueses Nuno Barros e José Sousa.

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tes que estar logueado para escribir un comentario. Podes rexistrate se non tes xa unha conta creada.

busy
Última actualización ( Luns, 14 de Xullo do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >

RSS de deportes